publicidad

Está muy bien prohibir el uso de pelotas de goma en las manifestaciones, siempre y cuando también se prohíba que los manifestantes usen adoquines, barras de hierro, cócteles Molotov, y se limiten a carteles, gritos y otros medios pacíficos de protesta...

Árbores urbanas e espazos verdes, saúde nas cidades

Árbores urbanas e espazos verdes, saúde nas cidades

Mais do 70% da poboación europea vive en cidades e a porcentaxe aumenta ano tras ano. A aglomeración e actividade  humana nas cidades agudiza os efectos do cambio climático e as condicións climáticas extremas, e inflúe negativamente na saúde coa contaminación atmosférica,  elevación da temperatura...  A OMS aconsella  que nas cidades teñamos máis árbores e para que a saúde non se resinta deben existir amplas zonas verdes (mínimo de 5-10.000 m2 de extensión) a una distancia que non supere os 300 metros en liña recta desde a casa ou piso de cada un dos seus habitantes. Podemos preguntarnos : Cumprimos esta premisa nas nosas cidades ?. 


A importancia das árbores urbanas e os espazos verdes  foi punto de atención urbanística no século XIX e XX,  buscando saúde e benestar nas cidades plantáronse árbores nas rúas e prazas e creáronse  alamedas, parques e xardíns con fontes. Como o exemplo non prospera en todas as cidades  neste século XXI, o investigador canadense e profesor de silvicultura urbana Cecil Konijnendijk, propuxo nesta década tres regras básicas sobre o tema, coñecida como  regra 3-30-300 , vexamos o seu significado:

 

 1º. Para manter unha boa saúde mental e benestar nas cidades, as persoas deberían observar  polo menos 3 árbores desde a súa casa.  Un espazo verde próximo e visible non só absorbe dióxido de carbono e contaminantes prexudiciais senón que pode mellorar a  saúde e o benestar.

 

2º. En cada barrio ou vecindario debe haber 30% de cobertura de árbores. O arborado e a foresta urbana asócianse con melloras bioclimáticas e paisaxísticas, redución da contaminación do aire, diminución do ruído e da temperatura ambiental no verán. Pode mellorar a saúde -mental, cardiovascular..-, física e social e incluso chega a diminuír o número de mortes prematuras (máis do 4% da mortalidade estival nas cidades europeas atribuíse as illas de calor urbanas, segundo o Instituto de Saúde Global Barcelona) .

 

3º. Non se debería vivir a máis de 300 metros dun parque ou  zona verde  próxima. A proximidade botánica fomenta os paseos, exercicios físicos e uso recreativo que implican sensación de frescor, promove a biodiversidade e trae impactos positivos na saúde física e mental.

 

A OMS, Organización Mundial da Saúde, pretende que teñamos nas cidades un árbore por tres habitantes e 15 m2 de zona verde por persoa. A Unión Europea, UE, no 2022 declaraba que “Europa necesita máis espazos verdes para ser máis resilientes fronte as ameazas climáticas e sanitarias” e un dos obxectivos propostos para os Plans Nacionais de Recuperación e Resiliencia, PNRR, -cuxa financiación recae principalmente na UE-   e plantar millóns de árbores en cidades con altos índices de contaminación  (en Italia  6,6 millóns de arbores  antes de finalizar o 2024 en 14 cidades, entre elas Roma, Milán, Turín...) . 

 

 Algunhas cidades europeas seguen ao pé da letra as recomendacións citadas, moitos poñen de modelo a Oslo, Copenhague, Viena, Zurich, Estocolmo...  mentres aquí  coa excepción dalgunhas grandes urbes do Estado, non se alcanzan os presupostos mínimos enunciados. Continuamente   nas cidades realízanse obras urbanas e de infraestrutura que mesmo van en dirección contraria, considéranse de “humanización” pero non teñen melloras paisaxísticas,  nin aumentan o número de arbores nin as zonas verdes, incluso son proxectos financiadas en boa parte pola UE. 

 

Modifican rúas e prazas, din que é  para mellorar o acceso peonil  e a celebración de eventos nas prazas, e aumentan  o granito e o cemento no solo, e ao realizar as obras córtanse e fanse desaparecer as arbores que existían, non importa a idade que teñan nin a función que cumprían. Si se instalan novos e custosos parques infantís, céntranse no mobiliario pero non se pensa nas árbores, si teñen bancos estarán a pleno sol, sin sombra. Nas rúas e prazas onde había árbores agora no mellor dos casos aparecen  macetas voluminosas e custosas con árbores ananos, exóticos e con pouco futuro. Tamén resulta sospeitoso que esta “moda”  sexa moi similar nas diversas cidades mesmo distantes.

 

Pensamos que melloramos porque se retira o tráfico do centro das cidades, o que é positivo,  pero vamos a un “urbanismo duro” de peor calidade paisaxística, un urbanismo que non só impermeabiliza uniformemente o solo e que tala árbores vellas que antes limpaban a atmosfera e  daban sombra, a vez que cumprían outras funcións.  En algunhas cidades como sucedeu en Lugo os veciños víronse obrigados a protestar porque pretendían talar camelias e  arbores que tiñan  decenas e decenas de anos, neste caso o Concello entendeuno, pero noutras cidades os habitantes resígnanse e co novo urbanismo (millonario) vense sorprendidos como sucede en Vigo (Porta do sol e rúas próximas),   na Coruña ( Cantóns e zonas do porto).  

 

 A administración local ten responsabilidade nun ou noutro sentido ao planificar, cando inverte en infraestrutura urbana pode promover cidades máis verdes e sostibles, pero para eso os gobernantes teñen que ter sensibilidade, formación e coñecementos e entender a sostibilidade, o que non sempre sucede. Pode que descoñezan que as árbores, zonas axardinadas e solo con terra, reducen o risco de inundacións, aumentan a absorción do CO2, mitigan o efecto illa de calor urbano, facilitan opcións de transporte sostible e exercicio físico, melloran a saúde mental e benestar.... O “urbanismo duro”  crea zonas impermeables que aumentan o risco de inundación  ao ter a zona maior escorrenta  de auga de choiva e favorecer a velocidade con que chega aos cursos de auga, aparte aumentan o efecto illa e a temperatura nas cidades... 

 

Por último mencionar  que nas cidades parques e vellas alamedas urbanas acusan problemática, co paso do tempo, reséntense e teñen problemas derivados da lonxevidade dos exemplares, moitas arbores  necesitan podas de seguridade, teñen risco de caída, presentan enfermidades, deformacións e fungos, e estalle afectando e debilitando o cambio climático e as secas, incluso lles prexudican os eventos festivos e ancoraxes de alumado que a veces se realiza. Pero esta problemática ignórase constantemente.

 

Están os responsables municipais a altura do que se precisa para a boa saúde e benestar ?


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR