Un recente Informe Mundial (World Heart Report 2024), da Federación Mundial do Corazón (WHF, World Heart Federation) , apunta que a OMS, Organización Mundial da Saúde, considera que son máis de 2.000 millóns de persoas, en todo o mundo, as que dependen de combustibles contaminantes, e estima que a contaminación do aire produce case 7 millóns de mortes anuais. Incide en que os beneficios para a saúde ao reducir a contaminación, superan con creces os requisitos económicos para logralos e ademais moitas intervencións contra a contaminación do aire tamén axudarían a abordar a crise climática.
- Resumo Executivo da Word Heart Federatión (segundo Informe Mundial da WHF) sobre o corazón afirma:
-
- “Todos estamos expostos a contaminación do aire ao longo das nosas vidas, sin importar en que parte do mundo vivamos”.
-
- “A contaminación do aire ambiental e dos fogares contribúe a máis mortes que todas as guerras, a malaria, a tuberculose, o VIH e outras enfermidades infecciosas xuntas”.
-
- “Case o 70% dos 4,2 millóns de mortes en 2019 atribuídas a contaminación do aire ambiental foron causadas por afeccións cardiovasculares, en particular a cardiopatía isquémica (1,9 millóns de mortes) e a accidentes cerebrovasculares (900.000 mortes) “. Aparte máis de 3 millóns de mortes atribuíse a contaminación do aire dos fogares (1 millón de mortes por cardiopatía isquémica e 700.000 por accidentes cerebrovasculares).
-
- As partículas finas, PM2,5 están consideradas como principal contaminante para a saúde humana, a nivel mundial. A pesar da conciencia dos danos da contaminación do aire, os niveis de concentración de material particulado PM2,5 só diminuíu o 1% anual entre 2010 e 2019. Os niveis globais mantivéronse alarmantemente altos en PM 2,5 con 31,7 ug/m3 no 2019 moi por riba do nivel de referencia de calidade do aire recomendado na actualidade pola OMS de 5 ug/m3 (valor que se supera amplamente na gran maioría das cidades e territorios do Estado Español).
-
- A maior diminución das PM2,5 rexistrouse en Europa cun cambio anual medio do 2,1%. Pola contra os niveis de partículas finas aumentou na maioría dos países de Africa o 0,3% (Angola 12,2%, Cabo Verde 10,3%, Liberia 8,9%, Serra Leona 8,5%...) e só 14 % dos países experimentaron grandes diminucións entre 2010-2019.
-
- As enfermidades cardiovasculares vinculadas coa contaminación do aire son: Enfermidade das arterias coronarias e cerebrovascular, insuficiencia cardíaca, accidente cerebrovascular, arritmia e paro cardíaco, tromboembolia venosa e enfermidade arterial periférica como hipertensión pulmonar, miocardiopatía dilatada, cardiopatía conxénita, hipertensión pulmonar...
-
- -A contaminación ambiental afecta de forma moi diversa: disfunción endotelial, xeración de estrés oxidativo, activación plaquetaria, inflamación de células endoteliais, estreitamento de arterias en exposición prolongada , inestabilidade da placa en ateroesclerose...
- Informe Mundial da WHF ofrece entre outras as seguintes recomendacións:
1. Todos os países deben adoptar as novas directrices mundiais da OMS sobre calidade do aire.
2. A WHF apoia a implementación dun tratado global de non proliferación de combustibles fósiles.
3. Os países deben garantir un maior financiamento para a investigación multidisciplinaria para mellorar a calidade do aire e desenvolver estratexias para implementar intervencións para reducir a contaminación do aire.
Sen dúbida as recomendacións debían aceptalas sen dubidar os Estados, pero grandes intereses económicos frean as decisións e non todo o proposto parece ir tan rápido e chegar tan “ lonxe” .
Vexamos un exemplo : No ano 2021 a OMS propuxo para partículas finas PM2,5 na atmosfera, valores anuais de 5 ug/m3 e valores diarios de 15 ug/m3. A Comisión Europea en outubro do 2022, propuxo unha revisión das actuais, laxas e permisivas normas de calidade do aire da UE, que ten para partículas finas un valor limite anual de 25 ug/m3 en fase I e 20 ug/m3 en fase 2 . A revisión con obxectivo no 2030 pretendía un valor límite anual de 10 ug/m3 e valor diario de 25 ug/m3 (ambas lonxe do proposto pola OMS).
- Parlamento Europeo en abril deste ano 2024 adoptou unha Resolución Lexislativa con vistas a adopción da Directiva (UE) 2024/...e un acordo político provisional cos países da UE sobre novas medidas para mellorar a calidade do aire, propuxo un valor anual de 10 ug/m3 e foi aprobado por 381 votos a favor, 225 en contra e 17 abstencións, pero os Estados membros porán solicitar aprazamentos na data límite de 2030 e pospoñer ate dez anos tales valores ate 2040. 0 acordo debe ser aprobado definitivamente e publicado no Diario Oficial da Unión Europea
En Europa, segundo a European Environment Agency no 2020 (AEMA, La calidad del aire en Europa 2022, publicado 27/03/2023) o 96% da poboación urbana da UE estivo exposta a concentracións de partículas finas superiores ao nivel orientador da OMS de 5 ug/m3 de aire. A contaminación atmosférica tamén prexudica a biodiversidade e dana os cultivos agrícolas e bosques, causando importantes perdas económicas.
Segundo estimacións da AEMA ao menos 253.000 persoas faleceron prematuramente no 2021 debido a exposición a contaminación por partículas, mentres que a exposición a dióxido de nitróxeno causou 52.000 mortes prematuras e a exposición ao ozono 22.000. A UE espera reducir o 55% as mortes prematuras da contaminación de aquí ao 2030. Cita a combustión de combustibles para calefaccións, industrias, transporte e agricultura como principais responsables.
Pero na actualidade carecen de unanimidade nas decisións da UE a respecto de temas tan importantes como a contaminación ambiental, saúde humana e alteración climática. Mentres sucédense as consecuencias.