A interpretación da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de novembro de 2010, sobre emisións industriais (prevención e control integrado da contaminación ) creou dúbidas en Italia, ante un litixio onde estaban nunha parte os residentes do municipio de Tarento (Italia) e os municipios limítrofes e doutra está unha gran empresa Ilva SpA sociedade que ten unha fábrica siderúrxica situada en Tarento (Acciaierie d'Italia Holding SpA) en relación coa contaminación ambiental causada pola actividade de dita fábrica e con danos que dela resultan para a saúde das persoas. O Tribunal de Milán solicitou aclaracións ao Tribunal de Xustiza Europeo antes de tomar decisión sobre o tema,o que agora aclaran dende Europa.
O Tribunale di Milano (Tribunal de Milan, Italia) en outubro do ano 2022 (Diario Oficial de la Unión Europea 16.1.2023) realizou unha Petición de decisión prexudicial ante o Tribunal de Xustiza Europeo, contendo tres preguntas ou cuestións prexudiciais o alto Tribunal, entre elas unha relativa a Autorización Ambiental Integrada (AAI) das industrias. Preguntaba ¿ Os estados membros deben considerar na AAI, en todos os casos, todas as substancias obxecto de emisións, que foran establecidas cientificamente como prexudiciais, incluídas as fraccións de partículas PM10 e PM2,5, e en calquera caso procedentes da instalación obxecto de avaliación? ou ben ¿procede interpretar a Directiva 2010/75/UE no sentido que a Autorización Ambiental Integrada (medida administrativa de autorización ) unicamente debe incluír as substancias contaminantes previstas a priori debido a natureza e ao tipo de actividade industrial desenrolada?
Contestación, Sentencia do Tribunal de Xustiza Europeo ( Gran sala) de 25 xuño 2024:
A Directiva 2010/75/EU debe interpretarse no sentido de que a efectos de expedición ou revisión dun permiso de explotación dunha instalación a autoridade competente debe ter en conta ademais das substancias contaminantes previsibles a luz da natureza e tipo de actividade industrial de que se trate, todas aquelas que sexan obxecto de emisións cientificamente recoñecidas como nocivas que podan ser emitidas pola instalación, incluídas as xeradas por esa actividade que non foran avaliadas en procedemento de autorización inicial de esa instalación.
A sentencia lembra que:
a) A Directiva 2010/75/UE no Artigo 12, apartado 1, letra f) establece que a solicitude debe incluír unha descrición do tipo e magnitude das emisións previsibles da instalación aos diferentes medios, asi como unha determinación dos efectos significativos das emisións sobre o medio ambiente.
b) A Directiva no Articulo 14, apartado 1, letra a) di: o permiso debe establecer valores limite de emisión non so para 13 substancias a atmosfera e outras tantas a auga (figuran no anexo II da Directiva) senón tamén para outras sustancias que podan emitirse pola instalación.
A luz desta sentencia, e tendo en conta que o proxecto Altri que pretende localizarse en Palas so contemplou e cuantificou 4 substancias contaminantes a atmosfera (partículas PM10, óxidos de nitróxeno, óxidos de xofre e TRS) e que non cuantificou nin determinou efectos ambientais de partículas finas PM2,5, dióxido de carbono, monóxido de carbono, compostos orgánicos volátiles... vemos que Incumpre os mandatos da Directiva 2010/75 e tería que adaptarse a esta sentencia do TSX da UE (tanto no referente a atmosfera como na auga) que ten data do 25 de xuño e a Xunta debería xa a estas altura, despois de case un mes aclararnos cal é a sua decisión ao respecto. Está ao lado de Altri aceptando hoxe unicamente o presentando na AAI -incumprindo a sentencia- ou quere aceptar a sentencia do TSX Europeo para cumprir coa Directiva ambiental citada. O Goberno galego non pode permanecer en silencio como si descoñecera unha sentencia tan importante. Quizá a descoñece?