publicidad

"Nunca consideraré como libre a quien vive vive en el temor..." Horacio 

Un proxecto de celulosa-lyocell faraónico con emisións atmosféricas insoportables

Un proxecto de celulosa-lyocell faraónico con emisións atmosféricas insoportables

Un  proxecto industrial recorre Galiza da man da multinacional portuguesa Greenfiber  (Altri 75% do total) e da empresa  Greenalia (25%) , apoiadas dende o primeiro momento pola Xunta de Galiza que se envorcou en declaralo no ano 2022 “Proxecto Industrial Estratéxico”, mesmo sen coñecer o que ofrecía ou quizá coñecéndoo pero ocultándoo. Proxecto hoxe de macrocelulosa con algo de fibra lyocell que aspira á axudas de 250 millóns a fondo perdido de Europa con Next Generation EU. As altas emisións atmosféricas, o gran volume de auga que utiliza (46.000 m3 diarios), os vertidos de auga contaminada (ao Rio Ulla e Ría de Arousa), os residuos, o consumo de 1,2 millóns de m3 de eucalipto na Fase I...fannos pensar que a Portugal non lle interesou por eso Altri busca emprazarse na Galiza.  


O complexo industrial que Greenfiber  e Greenalia   quere instalarse en Palas de Rei para fabricar 400.000 toneladas/ano de celulosa soluble  e 200.000 toneladas/ano de fibra téxtil, Lyocell,  traería asociada  emisións directas á atmosfera, elevadísimas para calquera industria:

    • 252,5 toneladas/ano (t/ano) de partículas  PM10

    •  577,58 t/ano de óxido de xofre (SO2)

    •  2.180,9 t/ano de óxidos de nitróxeno (NOx) e 

    •  53,22 t de TRS (compostos volátiles reducidos de xofre  como sulfhídrico).  

    • Descoñecemos outras emisións (CO2 por exemplo) aínda que as celulosas emiten  máis de 15 contaminantes problemáticos a atmosfera e mesmo Altri non coñecemos as emisións difusas .

 

Si comparamos as emisións de óxidos de nitróxeno coas que se declaran as industrias no PRTR, Rexistro Estatal de Emisións e Focos Contaminantes, comprobamos que no Pais Vasco ningunha industria declara tal cantidade de óxidos de nitróxeno (Petronor sería  campión con 1.673 t/an). En Cataluña tan só  Repsol de Tarragona se aproximaría con 1.622 t/ano  e o mesmo sucedería na Comunidade Valenciana, BP energia estaría lonxe con 1.280 t/ano. Si se comparan os óxidos de nitróxeno que emiten as industrias galegas,  Altri superaría a 128 complexos que declaran no PRTR  sendo a primeira hoxe Tableros Intasa cunhas emisións de 2.150 t/ano.  

 

A industria da celulosa está considerada como unha das máis contaminantes, Altri-Greenalia utilizaría  diversidade de produtos químicos propios da tecnoloxía Kraft , citan no proceso de branqueo (TCF sin cloro) ao ácido sulfúrico, ozono, sosa cáustica. peróxido de hidróxeno, sulfato de magnesio.... e para fabricar Lyocell  para tratar a pasta unha amina, NMMO  (óxido de N- metíl-morfolina)  e ácido sulfúrico, sosa cáustica e aditivos.

 

Podemos comparar as emisións atmosféricas do proxecto de Altri para Palas de Rei en Lugo con Altri en Portugal e sorpréndenos  o seguinte: 

 

- Altri na Galiza emitiría  en partículas  0,63 kg/t de pasta fabricada, mentres Celbi (produce 400.000 t/ano) da mesma  Altri en Portugal emite 0,16 kg/t e todo o Grupo Altri con tres celulosas emite de media 0,2 kg/t. Cando analizamos as emisións de  óxidos de nitróxeno Altri na Galiza quere emitir  5,45 kg/t  pero multiplica aquí por máis de 5 as emisións en Kg/t de Portugal (1,09 kg/t en Celbi e 1 kg/t no conxunto do Grupo). Algo similar ocorre cos óxidos de xofre (SO2) que en Portugal son 0,05  kg/t de pasta na celulosa Celbi (Figueira da Foz)  e ate 0,1 kg/t todo o Grupo Altri , e aquí pretende emitir  1,44 kg/por tonelada e pasta fabricada . O resultado é que todo o Grupo Altri emite 157,4 t/ano de partículas, 1.120,7 t/ano de óxidos de nitróxeno e 85,6 de óxidos de xofre fronte a 252,5t/ano, 2.180,9 e 577,58 t/ano do proxecto de Palas.

 

- No caso da celulosa de The Navigator Company (produce 649.193 t/ano) tamén presenta menos emisións totais en óxidos de nitróxeno que as que pretende emitir Altri na Galiza  1.737 t/ano fronte a 2.180,9 en Altri de Palas de Rei e en óxidos de xofre emite 83 t/ano cando Altri emitiría 577,58 t/ano

 

Non parece que valoraran o impacto na saúde e no medio ambiente, vexamos só pequenos detalles: Os compostos de nitróxeno asócianse con enfermidades respiratorias como asma, síntomas respiratorios (tos, sibilancia,dificultades para respirar...). O dióxido  de xofre irrita a pel, as mucosas e os pulmóns, mesmo orixina tos, irritación na gorxa.. e ambos óxidos convértense na atmosfera en ácidos que orixina a choiva ácida que prexudica aos materiais e a vexetación, bosques, determinados cultivos, á apicultura, á agricultura ecolóxica ( presente na zona)... As partículas PM 2,5 (que Altri non cita pero que emite)  están consideradas pola OMS como un dos principais  indicadores de contaminación, penetran nos pulmóns e pasan ao torrente sanguíneo e  están relacionadas con enfermidades cardíacas -arritmias, infartos...- enfermidades respiratorias, cerebrais – ictus-, neurodexenerativas e mesmo inflúen na diabetes e hipertensión. 

 

 Ante todo isto pregúntome : 1. Como se pode posicionar o Goberno Galego a favor deste macroproxecto  contaminante ?. 2. Terá relación este posicionamento da Xunta  coa presencia de ex-altos cargos (Conselleira) en  Greenalia socia de Altri ?  Aceptaría Portugal un proxecto tan contaminante como o que presenta Altri aquí  ou mesmo xa o rexeitou anteriormente ?

 

Cadro I. Comparación entre as celulosas portuguesas (altri e Navigator) co proxecto Altri na Galiza.. Emisións en toneladas/ano  e Kg/t

 


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR