publicidad

Está muy bien prohibir el uso de pelotas de goma en las manifestaciones, siempre y cuando también se prohíba que los manifestantes usen adoquines, barras de hierro, cócteles Molotov, y se limiten a carteles, gritos y otros medios pacíficos de protesta...

Eólica e Goberno xuntos no Wind Charter Español

Eólica e Goberno xuntos no Wind Charter Español

En decembro pasado vinte e cinco Estados Membros da UE e o sector eólico europeo subscribiron o European Wind Charter, compromiso conxunto  para potenciar na UE -Unión Europea- a enerxía eólica, os parques e a sua cadea de valor e para que conte coas capacidades  e condicións adecuadas para avanzar  na transición enerxética. Agora, en Bilbo, o vinte de de marzo, a Asociación Empresarial Eólica  (AEE) e a Ministra para la Transición Ecológica  y el Reto Demográfico asinaron unha Declaración de Intencións Conxunta pola industria eólica española e subscriben o documento Wind Charter Español, puntualizando e detallando aspectos  xerais. Pero que parte do documento  se elabora polo Goberno e que parte é da industria eólica  ?


A pregunta realizase porque a Declaración conxunta semella feita pola industria eólica e asinada por ambos. As seis liñas de actuación do documento céntranse na activación de pancas e compromisos no ámbito da administración, da industria e nas empresas do sector, destacando  a necesidade de adecuación das redes eléctricas (públicas) para a carga presente e futura;  apostar por esquemas de proximidade que permitan ganar eficiencia nos proxectos; avanzar na actualización do calendario  de poxas para o período 2024-30; maximizar a repotenciación de parques eólicos, fomentar programas de formación no sector...  todo é xenérico e abstracto. Pero observase que oculta ou ignora intencionadamente temas importantes que repercuten nos territorios e no ambiente e que o Goberno tiña que poñer encima da mesa, queiran ou non as eléctricas, como :

 

a) Reparto mínimo de beneficios da eólica nos territorios. Segundo o Observatorio Eólico de Galiza, parques eólicos grandes de 102,4 MW de potencia con 16 aeroxeradores que requiren dun investimento aproximado de 142 millóns de euros tiveron no 2020 unha facturación  próxima a 25 millóns, no 2021 chega a 60 millóns, alcanzaría 82 millóns no 2022  e case 54 millóns no 2023 (prezo de setembro), mentres que os ingresos dos propietarios dos terreos  e da Administración  non se verían aumentados neses anos. Un parque eólico como o citado pagaría 95.000 euros anuais en concepto de canon eólico -da igual o ano 2020, 21  ou 2023- e pagaría  da orde de 200.000 euros polo Imposto de Bens Inmóbeis (IBI) e 97.000 euros anuais polo Impostos de Actividades económicas (IAE) e  todo a repartir entre 4 concellos onde se asenta o parque.  A administración municipal recibiría un único pago polo imposto de construcións, instalacións e servizos de case 5,7 millóns (si aplican o porcentaxe máximo permitido do 4% e a repartir entre eles).  De quen é o negocio ? Que beneficios económicos obtemos dos parques eólicos na Galiza despois dunha facturación próxima a 900 millóns de euros no ano 2023? Como se xustifica que en catro ou seis anos se recupere a inversión na eólica cando a rendibilidade na industria en xeral nin se lle parece ? Que industria ou negocio pode competir coa eólica na marxe de ganancia?. O Goberno non actúa neste caso  como arbitro, senón que pita a favor.

 

b) As terras ocupadas non se poden pagar a prezo de ganga. As ofertas da empresa ( Enel no caso citado e no parque Badulaque) polas terras ocupadas son cantidades ridículas e insignificantes si as relacionamos coa facturación eléctrica, 0,35 euros/m2 en servidumes e 0,7 euros/m2 por pleno dominio. Só algunhas empresas pagan unha porcentaxe pola facturación. Queda sen valorar a perda paisaxística (aeroxeradores de 200 m de altura a punta de pala), a apertura de pistas, o lucro cesante das terras e vivendas próximas ( a 500 m dos muíños), o ruído da maquinaria, os danos ambientais, os novos tendidos eléctricos e as servidumes que crean.... As empresas traballan como en terreo conquistado coa complicidade da administración e Gobernos.

 

c) Nas poxas de enerxía non aparecen criterios cualitativos e cuantitativos claros relativos a aspectos ambientais, económicos, sociais ou mesmo territoriais. Na declaración conxunta só cita aspectos abstractos ou apunta declaracións de principios xenerais, como : “ Avanzar en la incorporación de criterios en las poxas de enerxía eólica asociados al valor añadido más allá del puro precio, siguiendo las recomendaciones de la Comisión Europea y el acuerdo provisional de la Net Zero Industry Act.”... “ identificación e promoción por parte do sector de criterios optimos de integración terrritorial e ambiental e de participación social que podan superar o marcado pola normativa e que permitan un despliegue colaborativo cos territorios” . 

No caso da futura eólica flotante observamos que  nas zonas delimitadas para Parque  ignorase a pesca  e outros recursos vivos ademaís da biodiversidade  asentada no medio ou a migratoria de paso. 

 

 d) Saltase a lexislación cando interesa . Ate tal punto os Gobernos son cómplices das eólicas que algúns parques eólicos instálanse fora da Area de Desarrollo Eólico que eran os espazos viables para parques  no Plan Sectorial de Galicia. Estes Plans foron e son modificados con medidas parciais tomadas pola Xunta (e aprobados  baixo a Lei 9/2021 de 25 febreiro  coa desculpa de simplificación administrativa e apoio a reactivación económica) , tales medidas parciais  supoñen reducións de tempo de exposición pública de 30 a 15 días  e a tramitación  de expedientes  por vía rápida ( ilegais segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, TSXG, ao infrinxir a normativa europea ) .  

 

e) Atentase contra o principio de non regresión ambiental. Si a protección do medio ambiente está garantida polas disposicións lexislativas (Avaliación de Impacto Ambiental), estas  só poden ser obxecto de mellora constante tendo en conta os coñecementos científicos e técnicos do medio ambiente e vulnerase o principio ao eximir de avaliación ambiental a certos proxectos que antes tiñan que realizalo (como aprobou a lei 9/2021 de simplificación administrativa) proxectos que non afectan de “forma apreciable” ? a Rede Natura 2000  substituín a Avaliación por medidas preventivas e correctoras que fará a empresa eólica. 

 

 En definitiva, xa coñeciamos de antigo a connivencia, subvención millonarias  e excesivo bó trato do Goberno central e da Xunta  as multinacionais eléctricas, desde o ano 1998 as eólicas cobraron cuantiosas primas anuais,  no  2008 reciben 1.138 millóns, no 2011  1.708 millóns e desde o 2014 teñen do Goberno a retribución a inversión e retribución a operación. No 2018 os novos parques deixaron de cobrar primas, pero os parques antigos seguían cobrando 1.221 millóns no 2020 e   583,5 millóns no 2022. O Miteco paralizou a eólica as primas a inversión no semeperíodo de tres anos, 2023-25, pero no último ano de primas, 2022, case 2/3 dos parques eólicos galegos e outros do Estado recibían primas. Quen non coñece tamén  que varios ex-altos cargos da Xunta de Galiza e do Goberno central ocupan ou ocuparon cargos e se sentaron no consello de Administración das eléctricas?. Porqué nos estrañamos que asinen agora documentos que unicamente benefician as empresas eólicas?


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR