As fugas da auga e a seca: Problema ambiental, económico e social.

As fugas da auga e a seca: Problema ambiental, económico e social.

En Cataluña declaran a  fase de emerxencia e “alarma por seca” para seis millóns de persoas de 202 municipios e  toman decisións radicais reducindo nos ríos o caudal ecolóxico, mentres as fugas de auga  na rede de subministro  provoca perdas do 24- 25% do total. Segundo algúns medios só no norte de Barcelona entre Santa Coloma de Gramenet e Badalona perdese ao día da orde de 248.000 litros de auga potable desde hai máis de 15 anos. As perdas reais (fugas, roturas e avirías)  seguirán así dous anos máis como mínimo, e quedarían por cuantificar as seguras e probables perdas aparentes (fraudes, regos municipais e  consumos non medidos, erros medidos...) .


Segundo o INE (2022) no ano 2020 o volume de auga subministrada a rede de abastecemento público en Cataluña foi de  598.753 miles de metros cúbicos (m3), pero o volume auga rexistrada só chegaba a 454.227 , presenta unhas perdas reais de 85.852 miles de m3 e unhas perdas aparentes de 58.674 .Esta situación que non é nova e procede de anos atrás, tiña que terse corrixido xa, hoxe volvese preocupante, insoportábel e custosa, parece que o Goberno autonómico, concellos e deputacións esquecen que estamos inmersos nun cambio climático con aumento da temperatura, con secas  pronunciadas, frecuentes e recorrentes e a vez  con notables flutuacións e variacións temporais nas precipitacións. 

 

Galiza hoxe sin secas pero con fugas.

 

O ano pasado na Galiza estivemos  en prealerta por escaseza de auga en varios concellos  das  catro provincias.  A CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores) publicaba no 2020 -datos do 2016- que as perdas de auga na Galiza representaban de media o 27,36%, cando a media do Estado era de 25,42% . Galiza no 2016 superaba  non so a media do Estado, senón tamén a moitas comunidades como Madrid, Murcia, Navarra,  Pais Vasco, Aragón, Baleares... No ano 2022 os datos do INE (referidos a 2020) non eran mellores, indicaban que o volume de agua subministrada a rede de abastecemento publico na Galiza  era de  242.880 miles de m3 e o volume total de auga rexistrada e distribuída só alcanzou 177.892, o que quere dicir que o 26,8% da auga distribuída íase en perdas reais e aparentes, e superaba a media do Estado (25,1%). 

 

Un exemplo de ineficacia e debilidade institucional . 

 

Conscientes da problemática das fugas o Goberno Galego no Diario Oficial de Galicia (DOGA 10/01/2020 ) publicaba  a Lei 9/2019 de “Medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario”, contemplando na disposición adicional cuarta que no prazo máximo de tres anos, contado desde a entrada en vigor da lei,  adoptaríanse as medidas necesarias para garantir que as perdas de auga nas redes de abastecemento se sitúen como máximo no 20% do volume total de auga captada. A disposición adicional segunda da lei tamén di que no prazo máximo de dous anos,  todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga.

 

No ano 2022 o Presidente da Xunta recoñecía que  o obxectivo é reducir os niveis de fugas da auga  a menos da metade, asegurando que a media das perdas nas redes municipais eran do 41% , chegando incluso ao 60% nos concellos de menos de 2.000 habitantes. Como en  dous anos, desde a entrada en vigor da Lei, tan só 31 concellos realizaran auditorías por iniciativa propia, a Xunta en setembro do 22 convoca  axudas para os concellos para identificar e cuantificar fugas no camiño de erradicalas da rede municipal de abastecemento. Desta convocatoria saíron beneficiados  22 concellos dun total de 213.  

 

No ano 2023, pasado os prazos marcados na Lei 9/2019, a gran maioría dos concellos galegos seguiron sin realizar auditorías e sen medidas que garanten que as fugas e perdas de auga sexan como máximo o 20%.  A Xunta no 2024, o dia 26 de xaneiro, en tempo de eleccións,  publica apuradamente convocatorias de axudas para que os concellos  de menos de 50.o00 habitantes se poñan ao día e se aplique a Lei do 2020. Na actualidade tan só  129 concellos realizaron as auditorías esixidas por Lei e comprobaron  que as fugas son maiores das esperadas, superan amplamente  o 20% asignado, mesmo duplican ese porcentaxe alcanzando  medias do 45% e  en certos puntos de subministro de cidades como Ourense chegan ao 80% de perdas (auditorías de AquaOurense).

 

 A vista dos datos podemos constatar que:

 

 Baixo a permisividade e complicidade da Xunta,  180 concellos a día de hoxe están fora da Lei 9/2019, sin que existan apercibimentos ou sancións e o problema vai para longo. Provincias como Ourense van a recibir 7,75 millóns de Fondos europeos -fondos Next Generation- para mellorar a eficacia da rede de abastecemento en 81 concellos, pero teñen prazo de execución a finais do 2025 e posibilidade de prorroga no 2026. Si as subvencións son para as auditorías e cuantificación de fugas, podemos preguntarnos: Cando se solucionarán as fugas para chegar ao 20% , no ano 2028, 2030 ...?. Cando se chegará ao 6% de perdas de auga  de cidades como Aarhus, segunda en poboación de Dinamarca, que conseguiu reducir tamén o prezo da auga nun 9% xa no 2016?  Estamos preparados para  novos episodios de seca  ?.

 

 O despilfarro da auga ten un custo enerxético alto (conleva bombeo na captación, tratamento químico e depuración, novo bombeo para os depósitos de subministro e logo a rede de distribución...) ten un custo económico, ambiental e social inxustificable. O Goberno galego en tempo de eleccións ofrécenos  lemas como  esta é a “Galicia que queremos”,  a “Galicia que funciona”, “Queremos seguir así”. Lemas que asombran a calquera que coñeza ou se preocupe do tema auga  empezando pola rede de distribución do abastecemento e as súas fugas. Pero este é só un exemplo dos moitos que se poden poñer. Política e realidade,  non irán xuntas ?

 

 

 


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR