publicidad

"Lo que la oruga llama 'el fin', el resto del mundo lo llama 'mariposa'."

Hidróxeno verde e futuro incerto

Hidróxeno verde e futuro incerto

As enerxías renovables ate agora eran para subministrar electricidade verde, pero agora pretenden que tamén sexan para producir e exportar hidróxeno verde. 


No Estado Español consúmense en torno a 500.000 toneladas de hidróxeno gris ao año e a industria do refino acapara o 70% del consumo total, a industria química 25% , a  siderúrxica preto do 5% restante. A curto prazo pretendese que a produción de hidróxeno abandone os combustibles fósiles e teña a electricidade renovable como unha das bases do seu proceso. Na actualidade unha decena de proxectos privados apoiados con axudas públicas marcan o camiño da man de grandes empresas como Cepsa, Repsol, Iberdrola, Endesa, EDP, Enagás... e acompáñanas  decenas de  pequenas  empresas. O obxectivo  no Estado e xerar entre 1 e 2 millóns de toneladas de hidróxeno/ano, que serviría para abastecer o mercado interior e para a exportación ante a demanda da UE que solicita como mínimo subministro do 10% do consumo.

 

O hidróxeno non é unha fonte de enerxía senón un vector ou portador enerxético, é un medio que permite almacenar enerxía  eléctrica  que queda acumulada como enerxía química  na molécula de hidróxeno e pode usarse de forma controlada para obter produtos químicos (verdes), como fertilizantes, amoníaco, metanol, combustibles sintéticos para aviación e buques ou como combustible na produción industrial, mesmo pode usarse para volver  a producir electricidade.  

 

Xa no ano 1974   producíase hidróxeno a partir da electrólise da auga en países como India, Exipto ou Canadá, que dispoñían de enerxía hidroeléctrica  abundante e barata  e empregábase o hidróxeno como elemento compoñente dos fertilizantes. Hoxe segundo a Axencia Internacional de Enerxía Renovable, tan só da orde do 1% da produción mundial de hidróxeno orixinase con enerxía renovable, o 99% restante (hidróxeno gris, azul,...) prodúcese máis barato a partir de gas, petróleo, carbón  ou nuclear,  con emisións contaminantes. 

 

Problemas sin resolver da produción de hidróxeno verde 

 

 1- Grandes necesidades de auga. Como mínimo requírense 9 litros de auga por cada Kg de hidróxeno producido. Si se utiliza auga de mar ou auga residual precisaríase maior  cantidade  entre 2,5 e 5 veces. Si consideramos  o proceso global  (refrixeración,  tratamento dependendo do tipo de auga e portador ...) calcúlanse maiores cantidades  entre 60  e 95  litros  de auga por Kg de hidróxeno.

 

2- Alto consumo eléctrico. A descomposición da auga para obter hidróxeno realizase por electrólise nun electrolizador.   A eficiencia do electrolizador é da orde do 60% e requírense  de 33 a 55 Kwh de enerxía para producir 1 kg de hidróxeno,  de media  50 Kwh con electrólise (a baixa temperatura e 30 bares).  Proxectos para producir pouco máis de 1.000 t/ano de hidróxeno con electrolizadores de 20 MW precisan parques eólicos ou solares que dupliquen esa potencia. Endesa tiña en proxecto para As Pontes un electrolizador de 100 MW para producir 10.000 t/ano e o proxecto acompañábase con seis parques eólicos e 611 MW de potencia. Cepsa  nos proxectos de Huelva e Cádiz no Val Andaluz do Hidróxeno para producir 300.000t/ano con electrolizadores de 1000 MW  precisará parques eólicos/solares como mínimo de 3.000 MW. O alto consumo eléctrico do hidróxeno pon de novo encima da mesa  en Europa (Francia, Inglaterra) a enerxía nuclear, e o mesmo está sucedendo en Estados Unidos.  

 

3. Falta mercado e a produción ten alto custo. Hoxe apenas hai demanda,  a Axencia Internacional da Enerxía, advertiu que  “sin unha demanda sólida  non hai mercado e a viabilidade de toda a industria do hidróxeno de baixas emisións está en perigo”. O custo de produción é importante, 1 kg de hidróxeno está entre 3,5 e 7 euros e só será competitivo nun entorno dos 2 euros/kg ou incluso menos.

 

4. A empresa privada aproveitase do público. En  Estados Unidos  sete centros de hidróxeno acaban de  recibir 7 mil millóns de dólares. No Estado Español  o Ministerio para la Transición Ecolóxica, publicou en abril do 2023 as tres primeiras liñas de axuda  a proxectos específicos de hidroxeno renovable, unha primeira  de 150  millóns foi á proxectos pioneiros. En xuño  aportou outros 100 millóns  para grandes electrolizadores, e en novembro de novo 150 millóns foron á segunda convocatoria de proxectos pioneiros... As axudas do Goberno á gran empresa privada aquí poden chegar ao 40% da inversión (infraestrutura-loxística), ou ao 35% (adaptación industrial ) e mesmo o 15%  para parques de eólica/solar  conectados co hidróxeno .

 

5. Altas inversións e crea poucos postos de traballo.  Iberdrola (9/8/2022) tiña proxectos no 2022 de inversións de 9.000 millóns de euros para producir 400.000 t de hidróxeno. As empresas na sua propaganda contabilizan na industria do hidróxeno os empregos directos, indirectos e outros, pero en realidade cada millón empregado parece que se achega aos  20 postos directos. Segundo un documento da Comisión Europea, cada billón de euros invertido en hidróxeno verde creará 20.000 empregos ao longo de toda la cadea de subministro.  Cepsa no Val Andaluz do Hidróxeno Verde contempla a  xeración de 10.000 postos de traballo, para unha produción de 300.000 t /ano  cando ten unha inversión de 3.000 millóns, aparte de outros 2.000 millóns para os parques de enerxía eólica e solar de 3000MW de potencia.  

 

A maiores existen outros problemas,  como son as posibles  fugas  de hidróxeno. Durante a produción,  uso,  transporte e almacenamento poden darse fugas e si  alcanzan ao 10% do hidróxeno xerado (2050) os seus efectos para o clima serían igual de prexudiciais que os combustibles fósiles. As fugas provocan que o metano  permaneza máis tempo no aire e teña máis impacto no clima. 

 

Tendo en conta  que no Estado para cambiar a produción de 500.000 t de hidróxeno gris a  verde   necesitaría o 28% da enerxía eólica e solar  do ano 2022 e para producir os 2 millóns de toneladas proxectadas para o futuro precisará o 85% de toda a enerxía renovable. Podemos entender que no futuro  téñense que multiplicar os parques de renovables (ademais dos tendidos de alta tensión, das servidumes que conleva, dos cambios na paisaxe...) e toda a produción eólica/solar instalada ate hoxe queda pequeno. A  Unión Europea e Alemaña en particular demandan máis e máis enerxía, non corrixen nin poñen en cuestión o seu modelo ineficiente, despilfarrador e insostible e miran o vento e sol do Estado Español, dándolle un gran papel no tema hidróxeno.  Cabe que nos preguntemos : Pero coa actual tecnoloxía o hidróxeno está verde ou maduro?


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR