publicidad

"La vanidad es tan anclada en el corazón del hombre que un soldado, un criado, un cocinero, un cargador se jacta y quiere tener sus admiradores." dijo Blaise Pascal, esto fue en el SXVII sin llegar a saber los efectos de la televisión y las redes sociales. 

A COP28 será un fracaso si no se vai ao abandono de combustibles fósiles

A COP28 será un fracaso si no se vai ao abandono de combustibles fósiles

As emisións mundiais de  dióxido de carbono,CO2,  procedentes de combustibles fósiles alcanzan un nivel récord no 2023, aumentando respecto do ano anterior 1,1% , segundo un Informe do “Globan Carbon Project” que utiliza estudos  científicos de mais de 90 institucións. De pouco sirve que a UE e Estados Unidos diminuían lentamente as emisións de carbón, petróleo e gas, cando estas están aumentando globalmente impulsadas por China e India, primeiro e terceiro país no ranking mundial.  De esta COP28 algúns países esperan que salga un chamamento explicito a abandonar os combustibles fósiles, que non se conseguiu nos anteriores cumios da ONU.


O Comisario de Acción climática da Unión Europea, W. Hoeskstra, esperaba que esta COP28 fose o principio do final dos combustibles fósiles. O secretario Xeral da ONU, António Guterres,  afirmaba “O límite de 1,5 grados só é posible si finalmente deixamos de queimar todos os combustibles fósiles”. Mentres algúns países están por reducir progresivamente o seu uso e seguir o que indica a ciencia  (43% de redución das emisións no 2030), outros moitos países seguen aumentando emisións.

 

Os Emiratos Árabes Unidos, país anfitrión da COP 28, Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático, non queren oír falar de poñer data ao abandono dos combustibles fósiles,  as declaracións dos seus gobernantes dino todo, o Presidente  da COP 28 ( Sultán al Jaber, encargado de dirixir as negociacións desta conferencia internacional é a sua vez conselleiro delegado da empresa nacional de petróleo e gas ADNOC)  en novembro afirmaba  que non existe ciencia que ampare que  se deban eliminar progresivamente os combustibles fósiles para combater o cambio climático e o mesmo fixo o ministro de Enerxía dos Emiratos, Suhail Mohamed Al Mazrouei, que desviaba o tema afirmando “el mundo necesita centrarse en la eliminación gradual del carbón”.

 

De momento  Estados Unidos (segundo emisor mundial de gases invernadoiro), Canadá e a Unión Europea encabezan un grupo de países que  apoian  un acordo para a redución gradual dos combustibles fósiles e teñen enfronte aos produtores de petróleo e gas  cada vez máis belixerantes como  Arabia Saudí, Iraq, Turquía, Rusia, Australia... e mesmo aos grandes produtores e consumidores de carbón  como China e India que  neste último ano intensificaron a produción de carbón. China  no 2021 tiña 95 centrais eléctricas de carbón en construción e no 2022 seguiu autorizando dúas novas centrais de carbón a semana e a India  con 28 centrais de carbón en construción no 2021  aínda espera aumentar a sua capacidade de carbón, cando hoxe o 54% da xeración eléctrica neste país é desta fonte. Sáltanse compromisos de anos atrás e aumentan as  súas emisións de gases invernadoiro progresivamente desde o 2016, e non son os únicos casos, 11 países africanos teñen previsto desenvolver novas centrais de carbón, minas e/ou infraestruturas de transporte de carbón como Sudáfrica, Cimbabue, Botsuana, Mozambique... 

 

A Axencia Internacional de Enerxía, AEI, en maio 2021 advertiu que a inversión en novas plantas e minas de carbón así como en novos proxectos de petróleo e gas debía deterse a partir do 2021 para que o planeta alcance cero emisións netas no 2050 e cumprir co obxectivo de 1,5ºC do Acordo de Paris. No Cumio COP26 , vinte países, entre eles Italia, Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido,.. e o Banco Europeo de Inversións prometeron poñer fin ao financiamento público de proxectos de combustibles fósiles no estranxeiro para finais de 2022, pero non o cumpriron. Desde o Acordo de Paris no 2016, os 25 bancos europeos mais grandes (HSBC, BNP paribas, Barclays, Banco Santander...) inverteron 353.000 millóns de euros en empresas de extracción  de petróleo e gas e o mesmo sucede coas  inversións dos fondos    (Black Rock , Fondo de pensións do goberno noruegués, Vanguard...)

 

Detrás das renovables está a nuclear como obxectivo ?

 

Os Estados Unidos din que están polas renovables, hidróxeno, captura de carbono nas industrias do aceiro e cemento pero tamén pola nuclear e a fusión. Pretenden triplicar as renovables e duplicar a eficiencia enerxética. Estados Unidos está interesada en  impulsar a enerxía nuclear e varios Países  asinaron  unha declaración encabezada por este país xunto con Francia, Gran Bretaña e Corea do Sur  onde se comprometen a mobilizar inversións e alentar a institucións financeiras como o Banco Mundial a apoiala.  

 

Neste momento  fanse esforzos para estender a vida útil das plantas nucleares existentes, cando  200  reactores en todo el mundo estaban programados para ser desmantelados antes de 2050. Reforzase o apoio á novas tecnoloxías nucleares como os pequenos reactores modulares SMR con capacidade de potencia nuclear de  ate 300 MW por unidade que xa están en fase de construción ou con concesión de licencias  en Estados Unidos, Rusia, Argentina, Canadá, China e Corea do Sur. A OIEA (Organismo Internacional de Enerxía Atómica)  quere que a enerxía nuclear reemplace ao carbón na transición e pretende combinar os reactores SMR  con enerxías renovables e incrementar a eficiencia nun sistema enerxético hibrido. Actualmente hay 60 reactores comerciais en construción en 17 países de todo el mundo, dos cales 25 están en China, segundo a Asociación Nuclear Mundial. 

 

En definitiva mentres se discute si  os países abandonan os combustibles fósiles, e non se marcan novas datas para reducir drasticamente as emisións de gases invernadoiro, os  grandes bancos e fondos de inversión seguen facendo caso omiso e continúan financiando proxectos de enerxía fósil de carbón, petróleo e gas. Por si fora pouco,  algúns Estados  fan un dobre papel e xunto as renovables, ven na enerxía nuclear un novo filón económico e apostan por ela en silencio . 


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR