publicidad

"Lo que la oruga llama 'el fin', el resto del mundo lo llama 'mariposa'."

A UE discrimina a Galiza no hidróxeno verde, pero quere electricidade.

A UE discrimina a Galiza no hidróxeno verde, pero quere electricidade.

Alemaña necesita cubrir a sua demanda de hidróxeno verde no 2030,  terá que importar ate o 70% do que consuma. A UE deseña agora un modelo que ten a Península Ibérica como produtor e a centro Europa como un gran consumidor e para eso precisa unha infraestrutura adecuada e transferirá no futuro da orde de 50.000 millóns de euros  a empresas (de enerxía fósil)  para chegar a esta infraestrutura  canto antes.


A UE inclúe nunha lista para optar a axudas europeas (interese común) o proxecto de corredor ou gasoduto  mariño “H2Med”(Barcelona-Marsella)  e outros 65 proxectos de hidróxeno e electrolizadores, estando entre os primeiros   o gasoduto terrestre Huelva-Xixón, Xixón-Barcelona e o eixo do Mediterráneo Cartagena-Barcelona. Entre os 17 proxectos de electrolizadores que apoia a UE figuran  o de  Bilbao, Cartagena, Tarragona, os do Val Andaluz e os do Val de Asturias. O corredor estrela é o hidroduto “H2Med “ que trasladará hidróxeno verde desde Portugal e España ate Alemaña, previo paso por Francia. 

 

Pero a rede  troncal ibérica de hidróxeno verde que tiña previsto o tramo Zamora -Guitiriz non contará con fondos europeos para este tramo, segundo confirmou a Comisión onte en Bruxelas, situación sin posibilidade de modificación por parte do Consello e Parlamento. A empresa Enagás tiña ao tramo Zamora-Guitiriz incluído nas súas consultas de interese como un ramal secundario da “columna vertebral española do hidróxeno Eixe 2” Huelva-Xixón, a mesma ruta onde si se inclúe un ramal a Puertollano e onde se recibe noutro ramal máis arriba o hidróxeno verde de Portugal. 

 

Sorprende que Galiza sexa a única que queda excluída fora do mapa, semella unha discriminación intencionada,  quizá  nos consolemos ao existir certo escepticismo que está presente en moitos círculos co  tema hidróxeno verde, mesmo fálase dun “mercado fantasma” con problemas sin resolver ao presentar altos custos, baixa demanda e gran demanda enerxética e de auga. Por si fora pouco a  produción hoxe no Estado só representa o 1% do total  e non ten demasiadas inversións firmes xa que só alcanza ao 4% dos proxectos anunciados. Mesmo  o “H2Med”  ofrece dúbidas de rendibilidade futura e algúns cálculos chegan a ver estes proxectos como coartada para impulsar o plan nuclear francés.

 

Culpable a Xunta e o Goberno central.

 

Podemos preguntarnos quen é o culpable de non incluírnos nas axudas do hidroxeno verde ?. O Goberno central ou  o Goberno autonómico?.   Mentres  a Xunta aproveita e acusa  ao Goberno central  por falta de compromiso con proxectos fundamentais que cuestionan a viabilidade do hidróxeno verde  nas Pontes, Meirama e Arteixo. O Goberno central dá o silencio por resposta e incluso a UE non explica os motivos do rechazo.  

 

En realidade temos que falar de fracaso unha vez máis da Xunta  que pretendía catapultar as grandes iniciativas  industriais para optar aos fondos europeos, pero polo que se ve non soubo xestionalo ben como si o fixeron noutros lugares como  en Asturias ou Andalucía.  A Xunta  agora limitásese a impulsar unha sociedade de capital público-privado “Recursos de Galicia”, para participar na promoción de proxectos de explotación de recursos naturais, pero explotar recursos que non teñen saída  como o hidróxeno verde de pouco servirá como este caso .   

 

Do Goberno central pouco podemos esperar, exemplos témolos a vista: a) o atraso continuado da chegada do AVE, b) as lamentables autovías de entrada a Galiza, as que se lle caen as pontes, c) o abandono do ferrocarril e falta de cercanías, d) a ausencia de apoio a fabricación de baterías e novos modelos eléctricos que foron para Zaragoza e que pretendia Vigo ... o  hidróxeno verde é un exemplo máis, está dentro do coñecido como “normal abandono do Estado”, a falta de interese do Goberno central e da Xunta foron aquí xuntos.

 

Galiza conta na electricidade fronteiriza.

 

A Comisión Europea diu o mesmo día un novo impulso  para acelerar o despregue de redes eléctricas na UE, para utilizar mellor as redes de transporte e distribución de aquí a 2030 xa que se espera un aumento do 60% no consumo eléctrico (onde quedará a eficiencia e o aforro ?) e as redes deben modernizarse, integrarse e interconectarse ante este desafío. A UE estima  que  necesitara unha inversión nas redes de distribución da orde de 584.000 millóns  de euros só para unha década, por eso apoia agora 85 proxectos de electricidade, offshore e redes eléctricas intelixentes para entrar en funcionamento xa no 2027-30. Aquí Galiza si que conta porque no saldo de intercambios dos sete primeiros meses deste ano (REE) exportamos 5.451.902  Mwh que representan o 57,2% do total xerado e boa parte envíase a Portugal e tamén a diversas zonas da Península mesmo a Francia. 

 

Aquí si estamos na lista de proxectos apoiados e a subvencionar por Europa, figura a Interconexión Portugal – España por Ourense- Pontevedra entre Beariz – Fontefría (ES), Fontefria (ES) – Ponte de Lima (PT) e Ponte de Lima – Vila Nova de Famalicão (PT), incluíndo subestacións en Beariz (ES), Fontefría (ES) e Ponte de Lima (PT).

 

A UE pretende na Galiza novos tendidos eléctricos de alta tensión coas súas correspondentes servidumes de paso e acepta proxectos xigantes  de bombeo hidráulico, novos parques eólicos en terra  e pretende que se inicien parques flotantes no mar en zonas de pesca... Mentres de novo as grandes empresas eléctricas veranse beneficiadas directa ou indirectamente coa chegada e destino de fondos europeos e Galiza a seguir empurrada a producir máis e máis electricidade sin compensacións. Parece que non importa demasiado o impacto ambiental si a UE e as multinacionais avanzan, como tampouco lles importa que nos discriminen sin razón co hidróxeno verde. 

 


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR