publicidad

Condenan nos tribunais de USA ao Glifosato e permiteno na UE

Condenan nos tribunais de USA ao Glifosato e permiteno na UE

A Unión Europea  ben de permitir  de novo o uso do glifosato dez anos máis. Sin unanimidade, Italia, Alemaña, Países Baixos, Bélxica, ou Francia  abstivéronse  na votación, mentres España  votou a favor da prórroga, España sempre se posiciona a favor das prorrogas neste tema, quizá porque é o principal consumidor deste herbicida na UE con 13.000 toneladas no 2020 (aumento do 76,5% nos últimos dez anos).


O herbicida non selectivo que mata a maioría das plantas cando se aplica, patentado en 1961 e introducido no mercado no 1974, está considerado como un dos principais responsables  do incremento exponencial das colleitas de cereais e oleaxinosas  en Estados Unidos e Suramerica. Ao mesmo tempo foi cuestionado durante décadas pola sua problemática  asociada á saúde humana e a contaminación do  medio ambiente. Con esta prórroga na UE parece que priman máis os  intereses das multinacionais químico-farmacéuticas  que a saúde e o ambiente e optan por non aplicar o “Principio de precaución” que si, se aplica i é costume noutros casos similares. Os países da UE divididos agora, non votan pola prohibición  o que nos fai dubidar da redución do uso de pesticidas nun 50% para o 2030 que anunciara a Comisión hai algún tempo. 

 

 Mentres isto sucede  en Europa,  un xurado de Misuri  en Estados Unidos condenou estes días a Bayer- Monsanto  a pagar máis de 1.500 millóns de dólares a tres antigos usuarios do seu herbicida Roundup polas  reclamacións ao causar cancro de linfoma no Hodgkin  despois de  utilizalo en céspedes e xardíns. Xa antes  a Corte Suprema de USA, en xuño 2023 ratificara de forma definitiva  a sentencia que condenaba a Bayer a pagar 25 millóns de dólares a unha persoa que atribúe o seu cancro  ao herbicida. Estes casos só son algúns das 30.000 denuncias similares  que desde 2015 se presentaron a Monsanto  e agora pertencen a Bayer, grupo que  afirma ter unha reserva de 4.500 millóns de dólares adicionais para facer fronte a novos procedementos xudiciais. 

 

Ningún país de la UE chegou a prohibir o glifosato, pero algúns van máis adiante que outros,  Austria, Alemaña, Francia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo  implantaron prohibicións parciais, prohibindo o uso do glifosato en determinadas zonas ou nos fogares. Francia que anunciaba  a finais do  2019 a retirada do mercado de 36 produtos a base de glifosato dos 69 produtos comercializados no país, está agora pola prórroga. Pola prohibición mantéñense  Austria  xunto con Luxemburgo e Hungría, Austria xa no 2019 aprobou no Parlamento a prohibición total de glifosato e a súa ministra de Medio Ambiente declarou que a Comisión na sua decisión, ignorou os efectos de "este produto tóxico " na " biodiversidade  e na nosa saúde"  

 

O Glifosato .

 

As plantas absorben o glifosato (composto organofosforado) a través das súas follas. O mecanismo de acción do glifosato é por medio da inhibición da biosíntese de compostos aromáticos, entre eles aminoácidos (triptófano, fenilalanina e tirosina), vitaminas e hormonas vexetais,  asi reduce a planta a produción de proteínas e a biosíntese doutros compostos. Os vexetais morren pero o herbicida non afecta ás plantas modificadas xeneticamente no laboratorio, as coñecidas como transxénicas que son resistentes.

 

Cando se aplica na agricultura,  para controlar a vexetación normalmente antes da sembra de cultivos, ao pulverizalo, parte quedase no ambiente (aire, auga, solo). Si se chega a  respirar irrita a nariz e ten efectos respiratorios no pulmón e produce asma. Pode ser tamén irritante si os aerosois  chegan a pel ou os ollos.  Revisións  científicas realizadas sobre o tema  concluíron que os herbicidas con glifosato como ingrediente activo, son potencialmente causantes de danos toxicolóxicos e ambientais. Nos sistemas acuáticos poden provocar retardo no crecemento de organismos (algas e peixes), cambios histopatolóxico e bioquímicos,  diminución da actividade sexual. No organismo humano pode causar toxicidade en células placentarias e do fígado, actúan como un disruptor endócrino, xeran afecciones respiratorias, gastrointestinais, dermatolóxicas e neurolóxicas, así como fragmentación do material xenético. No  2015 a Organización Mundial da Saúde chegou a alertar sobre os riscos canceríxenos  do glifosato. No 2019  publícanse artigos  científicos de universidades americana que establecen “vinculo convincente “ entre o linfoma no Hodgkin e o glifosato  e “vínculos potenciais” da exposición ao herbicida con inmunosupresión, alteración endócrina e alteracións xenéticas que comunmente se asocian co linfoma citado (coñecido por síntomas de inflamación dos ganglios linfáticos, tos, dificultades para respirar, perda de peso, fatiga...).  

 

Alternativas

 

As coñecidas como “malas herbas”, obxectivo do herbicida  glifosato, son en realidade plantas pioneiras con distintas estratexias de vida e gran capacidade de adaptación a toda acción de control (mesmo rematan por resistir a herbicidas e obriga a usar cada vez maiores volumes e produtos máis potentes e tóxicos)  e teñen ou poden ter múltiple función biolóxica e diversos usos:  alimentos, abonos, forraxe para  animais, subministran nutrientes ao solo, conservan a humidade, son hábitat para insectos e outros seres beneficiosos e proporcionan diversos servizos ecosistémicos, mesmo poden  ser fonte de medicamentos.   

 

Son os herbicidas como o glifosato a única alternativa ?. Non, existen outras variadas, naturais, sostibles e ecolóxicas e mesmo proporcionan emprego, entre elas temos: a) utilización mecánica con maquinaria, b) rotación de cultivos e correcta combinación deles, c) utilización de desecantes naturais inofensivos , d) manexos silvopastoris adecuados con animais (ovellas, cabras, cabalos, vacún) e)... Como no caso do viñedo e froita, utilizase o glifosato estando a planta co froito, este en pequenas cantidades pode pasar ao noso alimento e bebida e entrar no noso organismo.  A prohibición daríanos garantía  de que tomamos un produto sin restos de pesticida.  

  

Sería conveniente que a administración pública dera exemplo e deixara de utilizar glifosato en limpeza de vías de ferrocarril, cunetas, taludes de autoestradas e outras vías e que os Concellos  deixen de utilizalo nos parques e xardíns...Contribuiriamos así a diminuír a contaminación  evitando o arrastre do produto cara  rios (auga de escorrenta) e auga subterránea (a terceira parte das augas xa presentan glifosato na sua composición)   e diminuiría a propagación de incendios ( quen non viu seca, morta e como requeimada a vexetación nos taludes de autovías e estradas?).  

 

En definitiva ante a polémica deste herbicida e o impacto no medio ambiente e na saúde humana,  tiñan que aplicar a prohibición e se non chegan a un acordo cada país illado pode aplicar o Principio de Precaución  "Cando unha actividade representa unha ameaza contra a saúde humana ou o medio ambiente  devénse tomar medidas de precaución aínda que no se teñan establecido plenamente algunhas relacións entre a causa e o  efecto" (que non é o caso).   

 

Hoxe coa decisión da UE gañan as multinacionais e perdemos os cidadán eo  ambiente.  Mentres o grupo químico-farmaceutico alemán Bayer prevé un beneficio operativo bruto  neste ano que supera 11.000 millóns de euros. 


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR