publicidad

"La vanidad es tan anclada en el corazón del hombre que un soldado, un criado, un cocinero, un cargador se jacta y quiere tener sus admiradores." dijo Blaise Pascal, esto fue en el SXVII sin llegar a saber los efectos de la televisión y las redes sociales. 

O Tribunal de Contas Europeo recoñece que a Comisión non estudou ben o impacto da eólica mariña na pesca

O Tribunal de Contas Europeo recoñece que a Comisión non estudou ben o impacto da eólica mariña na pesca

En novembro do 2020 a Comisión da UE  presentou  a Estratexia da UE sobre as Enerxías Renovables Mariñas, e dispuxo que no futuro se pase de producir 12 GW (millóns de Kw) de eólica mariña que se xeraba ese ano a como mínimo 60 GW no 2030 e 300 GW para 2050, complementándose con outros 40 GW de enerxía oceánica e tecnoloxías emerxentes. Un Informe recente de setembro do 2023 do Tribunal de Contas da UE titulado Enerxía Renovable Mariña na UE, recoñece que  a Comisión ao ampliar tanto a potencia non estimou ben o impacto medioambiental  deste aumento e chegou a ignorar e minusvalorar   aspectos fundamentais que afectan a recursos vivos como a pesca e ao medio natural en xeral.  


Mentres Alemaña e os Países Baixos puxeron en marcha as súas propias políticas e xa aplicaban unha ordenación do espazo marítimo moito antes da estratexia  e proxectos da UE,  en España non sucedeu o mesmo, apremados polo tempo recorreron a Directiva marco europea  para ordenar o espazo marítimo e asi  nun Plan  (POEM, Plans de Ordenación do Espazo Marítimo) , aprobado en febreiro do 2023,  case dous anos despois da data limite, designaron o mapa da enerxía mariña  con zonas de reserva e potenciais para a enerxía renovable. Determinaron 19 polígonos para parques flotantes e reservaron 5.000 km2 do medio mariño e deles fronte a Galiza e Asturias 2.688,6 km2, máis da metade da superficie  total  e  un só parque localizado na Coruña-Cabo Ortegal ocuparía preto do 40%  de toda a superficie  asignada.  

 

No Informe citado do Tribunal de Contas recoñecen que a Comisión EU e as autoridades definen en primeiro lugar as zonas de enerxía eólica mariña en termos espaciais e temporais, identificadas con criterios técnicos como por exemplo a velocidade do vento, polo que evidencia que esquecen algo tan importante como a pesca  (recurso económico, alimentario, social, ambiental, emprego,...), sector que non entrou  como prioritario. Desde o primeiro momento o sector pesqueiro de Galiza xa se manifestou pola retirada  do proxecto e mesmo presentou ante o Tribunal Supremo a anulación do Decreto do Goberno que o xerou, ao considerar que os parques afectaban a perto de un centenar de caladoiros de pesca  e prexudicaba a flota con  artes de palangre, enmalle, arrastre... 

 

 O Informe do Tribunal  de Contas recoñece 

 

1.  Existe o risco de que se perdan postos de traballo no sector pesqueiro polo crecemento do sector da enerxía renovable mariña, mesmo os buques pesqueiros só están autorizados a entrar ás proximidades do parque en determinadas condicións, en zonas considerada tampón de 500 metros arredor das instalación de eólica.   O Tribunal da UE considera que a Comisión non ten valoracións cuantitativas dos principais efectos económicos na pesca derivados da evolución da enerxía renovable mariña.

 

2. Segundo o Informe  a Comisión tampouco ten estudado os posibles efectos que implica ocupar o 3% do espazo marítimo europeo, nin a influencia e impactos nas zonas próximas, non coñece ate onde chega nas inmediacións o radio de acción e efectos acumulativos, mesmo recoñece que a maioría dos estudos existentes baséanse en instalacións do mar do Norte.

 

Apuntan   posibles efectos negativos  na biodiversidade  e nos ecosistemas en xeral como:

a) perdas ou degradación de hábitats;

b)  a posible colisión cos aeroxeradores ou cos buques de mantemento; 

c) cambios na calidade da auga, debidos a liberación de contaminantes;

d) cambios nos patróns de migracións debidos cambios no campo electromagnético;

e) efectos do desprazamento dos peixes e seres mariños debidos ao ruído submarino e as estruturas dos parques eólicos;

 f) posibles efectos acumulativos na conca marítima que poden dar lugar a desprazamento de especies, cambios na estrutura das poboacións, na dispoñibilidade de alimento ou en patróns de migración.

 No suposto de que existiran  posibles efectos positivos  tampouco están estudados (exemplo: efecto arrecife que beneficiaría a determinados peixes, mexillóns...; recuperación de hábitats por exclusión da actividade humana;...).

 

  O Informe constata claramente que a Comisión da UE non estimou o impacto  e pegada medioambiental sobre a vida mariña que  pode desprenderse  da sua estratexia ampliando a potencia da eólica mariña . Impactos, que considera poden ser significativos, e que non foron suficientemente valorados ou tidos en conta pola Comisión e os Estados membros.

 

 Concluímos que ignorar ou minusvalorar o impacto da eólica mariña na pesca e no ambiente non deixa de ser unha irresponsabilidade  inxustificable,  denunciada agora desde dentro  da UE e polo tanto require que se afronte con determinación e  solucións. Nada impide aprazamentos temporais  para estudar ben o tema, moratorias e mesmo afastamento dos parques das zonas de pesca e ir mar dentro para buscar lugares idóneos e que non prexudiquen. A presa téñena as multinacionais  da electricidade que xa presentaron  proxectos de eólica flotante na Galiza que superan os 6 GW de potencia (6000 MW) e duplican o obxectivo máximo de potencia previsto polo Goberno para toda España (O POEM  pretende de 1 a 3 GW para 2030) .

 

A Eólica terrestre e Galiza. 

 

Convén lembrar que  Galiza na eólica terrestre, ano 2022, ten xa un papel moi importante con insignificantes beneficios económicos: 

 

a) A enerxía eléctrica producida na Galiza supón o 8,1% do total do Estado (segundo REE 23 marzo 2023), e a sua potencia instalada  representa o 9,2% do total.  É a terceira comunidade  con maior cota de produción renovable representando o 64,8% do total do “mix”, xera o 43,4% do total galego con 9.720 Gwh en 183 parques que teñen unha  potencia  de  3.907 MW (13% do Estado).

 

c) No Balance eléctrico de Galiza temos no 2022 unha xeración eléctrica de 22,4 millóns de Mwh e unha demanda de 13,7 millóns, o saldo exportador é de 8,1 millóns de Mwh o que quere dicir que máis da terceira parte da electricidade non foi consumida, nin pode utilizarse no país, polo que  sae electricidade con grandes beneficios para as multinacionais con destino ao mercado de Madrid, Pais Vasco, Portugal, Franza...

 

d)    Pretenden duplicar a produción actual de electricidade con novos parques eólicos terrestres,  o Goberno central e a Xunta  teñen autorizado  na Galiza 3.381 MW, pendentes de posta en marcha.

 


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR