Publicado el 22 de septiembre a las 19:37
España presenta un notable atraso en aplicar os requirimentos establecidos sobre o saneamento e depuración das augas residuais urbanas, segundo obriga a Directiva 91/271/CEE do Consello europeo de maio de 1991. Obxectivos que se tiñan que cumprir xa no ano 2000 ou 2005 seguen despois de 20 anos ignorados en boa parte. Nin o FEDER nin os Fondos de Cohesión comunitarios, nin os Plans de Calidade das augas e Plans Hidrolóxicos, nin os convenios Estado-autonomías, nin a instauración dos canon de saneamento nas comunidades autónomas, foron capaces de cumprir a día de hoxe coa Lexislación vixente.
A Directiva 91/271/CEE do Consello Europeo de 1991 sobre tratamento das augas residuais tiña por obxectivo protexer ao medio ambiente e saúde das persoas dos efectos negativos dos vertidos de augas residuais urbanas e vertidos residuais de determinados sectores industriais. A lexislación establece que os Estados membros tiñan que ter depuración das augas residuais a finais do ano 2000 en todas as aglomeracións con máis de 15.000 habitantes equivalente (h-e); a finais do 2005 a depuración era obrigatoria tanto para os vertidos entre 10.000 e 15.000 h-e como para as aglomeracións de 2000-10.000 h-e si vertían a ríos, lagos e estuarios. A Directiva establecese que as Comunidades Autónomas deben realizar un seguimento bianual.
Pero existe incumprimento e abandono inxustificado tanto do Goberno central como dos autonómicos. Xa no 2011, varios anos despois do punto inicial de obrigado cumprimento, o Tribunal de Xustiza da UE (TJUE sala 11) condenou a España por incumprimento en 38 zonas urbanas de máis de 15.000 habitantes, nesta primeira sentencia no se contemplou ningunha sanción, a espera de resolver os problemas. No 2018 a sentencia (TJUE sala 8) condena a España ao pago dunha multa coercitiva de 10,95 millóns por semestre desde o ano da primeira sentencia do 2011 e a unha multa en tanto alzado de 12 millóns por persistir no incumprimento da Directiva en 17 zonas urbanas de más de 15.000 habitantes. No 2019 e por dúas veces España abonou a primeira e segunda multa coercitiva (10,35 millóns de cada unha ao ser cuantia minorada) e a multa a tanto alzado o que sumaba un importe total de 32,7 millóns e continuaba para o futuro, xa que quedaban 8 depuradoras pendentes de cumprimento. Esta multa da UE tivo de suxeito responsable non só ao Goberno central senón tamén as autonomías, sendo a Xunta de Galicia responsable do pago no caso de dúas depuradoras: Vigo e Aguiño-Carreira-Ribeira.
En abril do 2022, a Comisión Europea levou de novo a España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprimento da Directiva mencionada, poñendo de manifesto o incumprimento xeneralizado en 133 aglomeracións. A resposta do Goberno manifesta que non alcanzará os obxectivos esixidos por Bruxelas até o 2025, o que representa que seguirá pagando multas por incumprimento ate ese ano, cando xa levaba pagado por multas case 63 millóns de euros.
Será difícil cumprir antes do 2027 ou 2030.
A situación non é moi prometedora:
1. Segundo estudos científicos (De Stefano y Bolinches, 2018) o 44% das masas de auga superficiais en España están significativamente afectadas pola contaminación de vertidos puntuais, principalmente urbanos. A Comisión Europea no 2021 recoñecía que existían 332 pequenas aglomeracións urbanas que incumprían. En Galicia o 80% das infraccións cometidas son á ríos, acuíferos ou lagos e o 20% restantes son á rías ou mar. Os concellos, que deberían dar exemplo, son os principais entes contaminantes con 157 expedientes no ano pasado, seguíndolle a distancia as industrias e particulares.
2. O grado de cumprimento da Directiva europea no 2016 estaba entre o 70-100% a pesar de importantes inxeccións económicas europeas como as do Feder e Fondo de Cohesión que no período 2007-2013 asignou 1.975,5 millóns de euros para saneamento e depuración que se concentraron no 41% do total en Andalucía, Castilla-La Mancha, Estremadura e Galicia.
Para o ano 2014-2020 existiron novas axudas europeas por valor 966 millóns de euros.O Goberno central no 2022 abría convocatorias por valor de 200 millóns para xestión da auga, cando xa tiña en marcha subvencións complementarias para o Mar Menor (20 millóns), Valencia (32 millóns), Don Benito-Badaxoz (72 millóns)... As inversións nos Plans Hidrolóxicos 2022-2027 contemplan da orde de 7.400 millóns para mellorar o saneamento e depuración. Antes desa data parece que recoñecen que non cumpriran a Directiva de augas residuais.
3. A Xunta de Galicia afirmaba a altura de marzo do 2023 :
-O 78% das masas de auga das rías están en bo estado sendo as zonas A – de máxima clasificación para cultivo- o 19% do total. Parece que falta mellorar no 22% e no 81% das masas de auga das rías para lograr un medio sen contaminación, sostible e saudable no 100%.
- Con relación as depuradoras de augas residuais, nove de cada dez depuradoras cumpren coa lexislación, no ano 2007 só cumprían tres de cada dez depuradoras (incumprían 7 de cada 10).
4. As multas seguiran producíndose. A Xunta de Galicia só tivo 24 anos de atraso en aplicar a Directiva a Ría de Pontevedra, logrou agora evitar unha multa millonaria da UE grazas ao investimento de 30 millóns no saneamento da ría (afirma a Conselleira de Infraestrutura e Mobilidade, marzo 2023), así logrou paralizar o procedemento sancionador da UE. O Goberno galego parece recoñecer que dende o 1998 ao 2023 estiveron incumprindo a Directiva europea na Ría por contaminación e por superar amplamente os parámetros esixidos de depuración, nunha zona sensible con pesca, marisqueo e cultivos. No Estado algunha zona sancionada pola UE no 2011 sigue incumprindo hoxe e pagando multas.
Podemos esperar que no 2027 ou 2030 se cumpra a Directiva de augas residuais do ano 1991 ?