A transición e a economía da enerxía

A transición e a economía da enerxía

Vivimos inmersos nunha transición enerxética, querendo substituír as enerxías fósiles e contaminantes por enerxías renovables. Pretendemos reducir de maneira efectiva as emisións de gases de efecto invernadoiro e alcanzar a neutralidade climática no 2050. Pero  preguntámonos: esta transición  volcada en producir cada vez máis enerxía eléctrica de orixe eólica e solar, dálle a mesma  importancia ao aforro enerxético e a redución de consumo ? . 


Recentes declaracións do economista Alfonso Gómez, alcalde de Xenebra, Suíza,  a un semanario galego (Sermos 19/08/2023) son moi clarificadoras cando afirma: “O que non se ten en conta, sendo o máis importante, é a economía da enerxía”. Apunta que se debe modificar a nosa forma de vivir ou as  estruturas das vivendas para que estean ben illadas, di que non se reflexiona sobre se empregamos ben a enerxía que consumimos, cando o principal é economizar a enerxía “...”case un terzo da nosa alimentación, polo menos en Suíza, remata no lixo. Se consumimos menos, economizando mellor os alimentos que temos, tamén reduciremos o gasto de enerxía”.

 

Na Unión Europea, UE, o tema do aforro e eficiencia  non estaba ate agora tan claro como parece telo o alcalde de Xenebra, numerosos debates  e cambios nas normas recentemente (Consello da UE do 25/07/2023) levan a modificar A Directiva de Eficiencia Enerxética (en vigor desde 2018), para  reducir o consumo de enerxía final nun 11,7%  entre o ano 2024 e 2030. Queren conseguir que o aforro no consumo final de enerxía supoña, de media anual un 1,49% do consumo total e ira aumentando ate o 1,9% de aquí a finais do 2030. Os principais sectores afectados serán o parque inmobiliario, a industria e o transporte. O sector público terá que estar moi implicado e para dar exemplo, ten obriga de reducir o consumo final nun 1,9% anual (excluídos transporte público e forzas armadas) e necesitará actuar e renovar polo menos o 3% da superficie total dos edificios propiedade dos organismos públicos.  

 

A conclusión a que chegaron na UE, quizá algo tarde, e que utilizar menos enerxía supón beneficios directos para o medio ambiente, o “aforro de enerxía é a solución máis rendible” para un sistema enerxético máis respectuoso co ambiente. Aforro enerxético e diminución da contaminación en especial dos gases efecto invernadoiro van ir máis parellos no futuro. Pero  aquí  tanto en España como na Galiza aínda quedan apartados de aforro e “flecos” dos que non se fala nada ou moi pouco, e servirían ou serian básicos para cumprir co aforro enerxético, vexamos dous exemplos:

 

1) As perdas na rede de transporte e distribución da enerxía eléctrica.

 

 Al liñas de alta, media e baixa tensión, perden enerxía que se introduciu desde as centrais de xeración e  non todo chega ao cliente final. Estas perdas supoñen no conxunto do Estado entre o 8-10% do total que se verte a rede, pero teñen unha variabilidade horaria considerable que oscila ao longo do ano do 4-12% ( 2019), e mesmo  pode variar nas estacións sendo máis elevada nos meses máis fríos. Os consumidores pagamos estas perdas  e nos últimos 30 anos nin REE nin as grandes eléctricas se esforzaron no tema, hoxe as perdas son similares as de 1980. Outros países veciños teñen menos perdas, Francia ten coeficientes medios de perdas que se achegan a 6,34% e Italia 6,99%. 

 

A UE centrase en potenciar intercoñexións transfronterizas entre Estados (de España con Franza e Portugal), pero non potencia que o consumo eléctrico sexa de proximidade  e que se produza a xeración próxima aos centros de consumo (a Comunidade de Madrid, gran consumidor, carece de parques eólicos na sua autonomía, segundo REE no ano 2022  xerou menos de un millón de Mwh a maioría de orixe fósil e consumiu máis de 27 millóns de Mwh que entran desde Galiza, Castilla-León...) 

 

b) O transporte ferroviario de mercadorías. 

 

No ano 2018 o sistema ferroviario europeo transportou cerca de 1.600 millóns de toneladas de mercadorías por ferrocarril, mentres que España representaba o 1,7% deste total con só 28 millóns de toneladas, Renfe Mercancias SME,SA foi responsable do transporte de 18,3 millóns de toneladas. O ferrocarril é un modo de transporte dos máis eficientes en termos de consumo de enerxía por tonelada transportada, potenciar o ferrocarril serviría para evitar emisións, reducir consumos de combustibles fósiles e diminuír o tráfico por estrada evitando accidentes. 

 

A Estratexia de Movilidade aprobada polo Goberno no 2021 coa intención de incremento efectivo do transporte ferroviario de mercadorías foi só un proxecto de intencións. As inversións contempladas no Plan de Infraestructuras, Transporte y Vivienda (PITVI) 2012-2024 do Ministerio de Transporte que pretendía mellorar a eficiencia enerxética do sistema ferroviario convencional, facéndoo máis eficiente e competitivo tampouco serviu para  achegarnos a media de transporte de mercadorías europeo.

 

En España o transporte de mercadoría por ferrocarril ten baixa participación modal, representando solo o 4,8% do total de toneladas-kilometro transportadas no ano 2019, mentres a media europea situase no 17,6%. O Goberno terá que facer un gran esforzo si quere que o ferrocarril eleve a cota modal do transporte ferroviario de mercancías ate o 10% . O Ministerio para a Transición Ecológica e para o período 2021-2030  ten  previsións, que parecen moi pretensiosas, quere que o transporte contribuía a un aforro de enerxía final (36%)  moito maior que o aforro que pode supoñer a industria (25%) e maior que o  do sector residencial e terciario (18%) ou o agrícola- pesca (3%)  

 

Na UE manifestan que “ a mellora da eficiencia enerxética ao largo de toda a cadea de enerxía, incluídos a xeración, o transporte, a distribución e uso final da enerxía, beneficiará ao medio ambiente, mellorará a calidade do aire e a saúde saúde pública, reducirá as emisións de GEI (gases invernadoiro)”. Tamén por primeira vez parece que teñen claro que “os organismos públicos deben servir de exemplo no que se refire a  eficiencia enerxética” e con relación ao transporte afirman que “existe un gran potencial de aforro de enerxía xa que é responsable de máis do 30 % do consumo de enerxía final”. 

 

En definitiva o aforro e a economía da enerxía é fundamental e tan importante como a descarbonización en si para cumprir obxectivos do cambio climático, agora a economía da enerxía está no punto de mira. O Goberno e a administración central, autonómica e local que seguen  actuando como grandes despilfarradores terían que implicarse totalmente e dar exemplo preguntándose si aforran e empregan ben a enerxía que consumen. A industria e outros sectores deben atopar canto antes a senda do aforro e eficiencia cuantificándoos e tomando medidas. Xa non chegan nen serven boas declaracións de intencións porque se  intensifican e son máis frecuentes as olas de calor, as gotas frías ou Danas, as secas, os incendios, as inundacións.. e se resinte máis a  saúde humana (morbilidade e mortaldade prematura) e o equilibrio dos ecosistemas.


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR