< Octubre 2023 >

Grupos de presión eólica frente a sentencias do TSXG

Grupos de presión eólica frente a sentencias do TSXG

Nunhas das últimas sentencias do TSXG, Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, de 1 de xuño do 2023, anulase a autorización para construír o parque eólico Campelo localizado en Coristanco-Sta Comba na provincia de A Coruña,  ao estimar o recurso presentado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Plataforma para a Defensa de la Cordillera Cantábrica  contra o acordo do Consello da Xunta de 18 novembro de 2021 pola cal se concedía a autorización  administrativa e de construción asi como a declaración de utilidade pública do parque promovido pola empresa Greenalia.

Non é a primeira vez que sucede un feito similar, outros recursos presentados ao TSXG, por veciños, particulares e asociacións foron tamén estimados  -parque Corme, Sasdónigas, Iribio...- pero tamén hai que decir, que outros moitos foron rexeitados. Agora as sentencias  levantaron rapidamente a  furia e oposición do “lobby” eléctrico, empezando polas empresas promotoras. Posicionaronse fronte a sentencia a Asociación Eólica -AEE española e AEG galega-, a Confederación de empresarios de Galicia (CEG), o “Colegio de Ingenieros Industriales”, a área industrial de determinados sindicatos considerados de “clase” como CCOO e UGT e recente e sorprendentemente  a Consellería de Economía da Xunta de Galiza. Convén lembrar que todos eles fan fronte as sentencias do TSXG,  argüíndo motivos  de cambio climático,  transición enerxética, postos de traballo, oportunidade histórica... e  buscando marcha atrás do TSXG e  atrevéndose a apuntar nomes e chivos expiatorios.    

 

Pero que están a defender realmente coas súas críticas, todos en común. Vexamos : 

 

1º. Que se permita infrinxir a Lexislación Europea.

 

O TSXG basease en que Lexislación europea  Directiva 2014/51/EU do Parlamento e Consello dispuxo que o prazo fixado para a consulta  do público do informe de avaliación do impacto ambiental non será inferior a 30 días, incluso a Lei 8/2009 pola que se regula o aproveitamento eólico de Galicia ordena que  tanto o proxecto de execución como o estudio de impacto ambiental se sometan conxuntamente a trámite de información publica durante un mes.

No 2018, a Xunta  acordou que a tramitación podía ser  de forma prioritaria con redución de prazos a metade (15 días)  no referido ao procedemento de autorización administrativa e de construción, asi como  no procedemento de avaliación ambiental e proxectos sectoriais. O Goberno central (R.D. 6/2022) tamén apurou os prazos para novos parques contemplando procedementos simplificados de autorización de proxectos .

 

Os parques desautorizados  incumpren e ignoran a  normativa europea que está por riba da lexislación española e galega. .  Normativa que se tiña que cumprir  dende o 16 maio do 2017. 

 

2º. Que se salte a Lei e poda existir fragmentación artificiosa dos parques con informes incompletos e ocultación  a cidadanía.

 

Un dos varios  argumentos do TSXG  no  Parque eólico Campelo afirma que é indebida a fragmentación con outros dous parques Monte Toural e Bustelo, xa que comparten liñas eléctricas, conexións e infraestrutura de evacuación cando tiñan segundo a Lei que ser parques independentes e autónomos cada un coa sua infraestrutura. Ademais non se realizaron estudios ambientais de efectos acumulativos e sinérxicos dos tres parques citados.  

 

Ao mesmo tempo os Informes sectoriais do parque teñen que obterse antes dos trámites de información pública, pero cando se someten ao último trámite de información publica moitos parques aínda non expuxeran todos os informes sectoriais, desta forma  os cidadáns non  puideron alegar  porque descoñecían informes  que xa non estarían a disposición do público. Esta ocultación de estudos imprescindibles a cidadanía  é interesada e a Xunta non vixía a transparencia e defensa dos intereses dos cidadáns.

 

Outros motivos que están presentes nas sentencias teñen relación coa presentación de  Declaracion de Impacto Ambiental, DIA, obsoleta e caducada (do 2005 para constuir no 2019), que non teñen en conta  sinerxías  e modificacións relativas a nova potencia, altura e  tamaño dos novos aeroxeradores , tampouco  a necesidade de maiores zapatas e infraestruturas, asi como a necesidade de ampliación de novos viales e accesos ao parque. Sin citar xa os  novos valores culturais e ambientais “merecedores de singular e especial protección” (xacementos arqueolóxicos en Sasdónigas, Mondoñedo)...ou mesmo a proximidade ao Camiño de Santiago de algún parque que  infrinxía a protección que a Xunta propagaba que pretendía. Intencionadamente ignoran que os Estudos de impacto ambiental  tamén caducan,  entendelo de outra maneira é prepotencia e descoñecer ou ocultar a realidade. 

  

Todos sabemos que as sentencias do TSXG poden recorrerse no Tribunal Supremo, pero as multinacionais eólicas  queren ir pola vía rápida, algunha sentencia  xa non se presentou ao Supremo. As eléctricas sempre quixeron que se variase o Tribunal  e que mudara o criterio unha vez coñecidas sentencias.  O  Goberno galego  en vez de recoñecer a sentencia  apuntase a unha crítica interesada, particular e privada iniciada polas eléctricas. A Conselleira de Economía referíndose as medidas cautelares determinadas polos tribunais di que  “crean inseguridade xurídica”.  Cando unha membro do Goberno pode atribuír inseguridade xurídica a vista das decisións e sentencias dos altos tribunais nun Estado de Dereito ?. 

 

 Que empresas eólicas e as súas organizacións, xunto con sindicatos  e a propia administración autonómica se unan e coincidan  en criticar a sentencia sen argumentos, defendendo situacións que van frontalmente contra o medio ambiente, a transparencia, a democracia, a exposición pública de proxectos... indica como traballan. Que ignoren Directrices Europeas e pretendan cambiar a Lei a vontade e defender ilegalidades Non é preocupante é propio doutros tempos?.  Pretender silenciar a mínima voz dos cidadáns. A onde nos conduce?. Que a Xunta se posicione en defender máis as multinacionais eólicas que aos cidadáns, terá relación coa presencia de ex-altos cargos ( ex-Conselleiros/as) nos Consellos de Administración das eléctricas?.  

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR