publicidad

El debate entre partidos en España podemos fotografiarlo con esta cita de Pascal:"La violencia y la verdad nunca tienen nada en común; aquellos que argumentan con violencia no tienen otra cosa que decir." O quizás está de Thomas Paine "El que grita más fuerte es casi siempre el que menos razón tiene." Elijan y adjudiquen. Es lo que les dejan. 

Minihidráulica, a renovable pioneira, hoxe estancada

Minihidráulica, a renovable pioneira, hoxe estancada

A produción de electricidade, a finais do século XIX,  tivo a minihidráulica como protagonista. Pequenas centrais hidráulicas de menos de 10 MW instaladas nos rios serviron primeiro para dar electricidade ao alumado público nas cidades– Gran Bretaña en 1881 - e logo, poucos anos despois, unha vez que souberon transformar a corrente continua en alterna  e transportala a decenas e mesmo centos de km chegou  a electricidade para a industria e as vivendas  aínda que estiveran moi afastadas da central. Hoxe co empuxe da eólica e solar nin se fala de minicentrais.


Minihidraúlica, renovable pioneira.

 

No Estado Español  xa en 1888 a cidade de Pamplona ten alumado eléctrico en corrente continua, pero sería a principio do século XX  cando empeza a transportarse electricidade en alterna  e xa en 1920 pretendese un aproveitamento sistemático das concas hidrográficas. En 1940 o 92% da demanda eléctrica do Estado cubríase con enerxía hidroeléctrica tendo moita importancia a minihidráulica que ten o seu apoxeo ate mediados de século XX cando comenza a época da gran hidráulica con grandes presas e embalses que  anegan as mellores terras agrícolas e desprazan poboacións por expropiacións e desaparición de moitas aldeas e núcleos de poboación. Unha segunda razón que fixo que se abandonaran as minihidráulicas foron  a construción de centrais térmicas e a posta en marcha de nucleares, as primeiras con combustibles fósiles -carbón e  lignito-, grandes produtoras de electricidade pero tamén moi contaminantes en gases de efecto invernadoiro, gases acidificantes, partículas, metais pesados...., as segundas tremendamente dependentes da tecnoloxía, do uranio e do seu enriquecemento,  e con problemas de residuos, fugas radioactivas...

 

A crise do petróleo dos 70, fai que  se volva a pensar na necesidade de diversificación enerxética e a fixarnos na enerxía renovable,  e así rehabilítanse algunhas minihidráulicas  e constrúense outras novas, coa vantaxe de que estas centrais poden estar próximas aos centros de consumo e así non teñen perdas no transporte eléctrico –10% na gran hidráulica-.  Pero nunha sociedade de consumo  despilfarradora, que demanda cada vez máis electricidade e que descoñece ou non lle importan os custos sociais da produción apostase  pola gran hidráulica  co seu gran impacto fronte as minicentrais que teñen  impactos mínimos.  

 

A minihidraúlica volve ter unha expansión nos anos 80-90, entre 1991 e 1997 póñense en marcha no Estado 273 centrais con potencia de 455 MW,  pero de pronto  a entrada no mercado da enerxía eólica terrestre e despois da solar fotovoltaica e térmica volven a paralizar moitas minicentrais e aparcan novos proxectos ao deixar de ser rendibles e non ter un apoio adecuado  ou mesmo ao ter recortes de primas -normativa do 2015- e asi xa non poden cubrir custos operativos e pagar amortización.  

 

Minihidraúlica hoxe estancada.

 

As minicentrais hidráulicas no Estado representan da orde do 12% de toda a produción hidráulica, na actualidade  hai 1.200 minicentrais cunha produción media anual de 4000 Gwh. Galiza é unha das comunidades maiores produtoras en hidráulica e minihidráulica , contaba en setembro do 2022 con  122  minicentrais, unha potencia de 323,47 MW e unha produción de 904 Gwh (fonte INEGA), xeración que é moi superior a outras fontes de enerxía como: solar fotovoltaica, residuos renovables e non renovables, biogás, biomasa e carbón. Unicamente se supera esta produción  minihidráulica  pola enerxía eólica, gran hidráulica, ciclo combinado e coxeración. 

 

Algunhas minicentrais funcionan dende a posta en funcionamento no ano 1900-1905  e proporcionan electricidade a determinadas industrias, sendo propiedade de empresas coñecidas como Ferroatlántica, Endesa, Naturgy, Norvento, Cortizo, ou Enel Greeen. Algunhas destas empresas citadas propietarias de gran hidráulica  instalaron  ultimamente  minihidráulicas ao pé da presa para cumprir coa lexislación que infrinxiron durante decenas de anos  e así producen máis electricidade e liberan un caudal ecolóxico en tramos do rio que antes quedaba seco . O curioso é que se poñen en marcha (Tambre III, Portodemouros, Frieira, Belesar 2, Peares 2...)  cando a gran hidráulica  estaba próxima  a que lle caducara a  sua concesión hidrográfica, e ao instalar  minihidráulicas ao seu carón comenza a contar un novo tempo de concesión e a gran hidraúlica e minihidráulica ao mesmo tempo poden seguir producindo electricidade decenas e decenas de anos para negocio da eléctrica. 

  

Sorprende que coñecendo que o impacto dunha minicentral e 13 veces menor que a eólica terrestre (fonte IDAE) e 80 veces menor que a solar fotovoltaica, desde o 2011 so se puxeron en marcha na Galiza dúas minicentrais mentres que están en  tramitación hoxe 17.550 MW eólicos  (contamos xa 3.879 MW instalados). Neste momento a Xunta de Galicia tramita 7.200 MW de eólica terrestre, O Goberno do Estado tramita para Galiza 4.023 MW, e na eólica mariña teñen rexistradas solicitudes  para desenvolver 6.327 MW.  Unha vez máis as eléctricas miran para Galiza como un gran negocio, como terreo/mar conquistado e sin beneficio algún na poboación, pero con custos sociais e ecolóxicos que pagamos todos, non podemos esquecer que xa destinamos a  exportación o 40,5 da electricidade xerada (2022). .  

 

 Nade dúbida de que se está por grandes producións eléctricas  e a minihidráulica  non  pode competir , xigantes e ananos, pero ambos sistemas son compatibles e moito máis si temos en conta a sostenibilidade, os impactos mínimos  que xera, os avances tecnolóxicos  que se están dando– sistema Turbulent por exemplo- que nin sequera precisa presas nin pequenos embalses, nin retencións de auga.   As minicentrais teñen vantaxe na eficiencia enerxética, a redución de perdas no transporte, a descentralización enerxética, a integración na paisaxe, os postos de traballo ... sábeno noutros países que  mesmo están producindo electricidade aproveitando con minicentrais a turbinación de augas residuais antes do tratamento e antes de entrada en planta, en Suíza nas redes municipais con este método recuperan 85.000Mwh, e o mesmo podiamos dicir das estacións desalinizadoras, dos canais de rego, dos vertidos industriais de grandes empresas...


INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR