< Mayo 2023 >

Municipios, problemas ¿con/sin solución?

Vivienda de una aldea abandonada en Lugo. Imagen: EP

Municipios, problemas ¿con/sin solución?

A finais do 2019  o Consello de Contas de Galiza daba  a coñecer un Informe de fiscalización sobre a actuación en materia de medio ambiente en 55 municipios de máis de 10.000 habitantes, municipios que representaban o 69,8% da poboación galega  e constataba o seguinte: 

 a) Os servizos públicos básicos supoñían case o 44% do total de gastos municipais. Os gastos en medio ambiente dos concellos, excluídos parques e xardíns,  non chegaban ao 3% do importe total  dos servizos públicos básicos que con carácter obrigatorio, deben prestar os municipios. 

 

b) Incumprían a obrigación de elaborar e publicar un Informe anual sobre a  produción e xestión dos residuos sólidos urbanos. O gasto público por habitante na recollida de residuos en moitos concellos superaba moito a media do Estado. 

 

c) Ningún concello dispoñía de plans ou programas para o cumprimento e mellora de obxectivos de calidade do aire. O Consello de Contas consideraba que o control ambiental nos concellos é moi limitado, practicamente non existe regulación municipal, nin se realizan controis da contaminación acústica, lumínica... O Informe suxire que os concellos deberían incrementar a sua labor de control de infraccións medioambientais e dos índices de contaminación. 

   

 Si isto sucede en medio ambiente que pasará noutros aspectos de competencia municipal: transporte, urbanismo, servizos sociais, abastecemento de auga, saneamento...?

 

Podemos asegurar que o que se cita para o ano 2019 sigue sen corrixirse no 2023 e si profundaramos e nos centramos en casos concretos e chegamos ao Concello de Santiago de Compostela, con 220 km2 de territorio, 215 núcleos de poboación, e menos de 100.000 habitantes, municipio visitado anualmente por centos de miles de peregrinos procedentes de  186 países distintos , temos que : 

 

Os habitantes do rural, fora do casco urbano, representan o 15% da poboación, e  90 núcleos de poboación  carecen de auga e saneamento público cifra que alcanza a 112 núcleos si só consideramos abastecemento  e 125 si consideramos só  saneamento. Esto indica que preto  da terceira parte da poboación que vive no rural do Concello de Santiago ten que costease de forma privada uns servizos que son obrigatoriamente de responsabilidade municipal. Podemos preguntarnos sucederá noutros municipios?. Sin dúbida, Lugo e outras cidades teñen o mesmo problema e este non se reduce a Galiza. Os gobernos municipais, as deputacións e o goberno autonómico non quixeron ou non tiveron interese en modificar a situación ao longo dos anos. Gobernos que se suceden na maioría dos casos do mesmo partido  e curiosamente presentan este tema  como motivo de campaña electoral, esquecéndose da resolución o dia seguinte de tomar posesión no goberno municipal. Asi  conformase unha cidadanía de primeira nas cidades e unha de segunda no rural, polo que non é estraño que se vaia transvasando poboación, abandonando e perdendo habitantes o rural, mentres os gobernantes seguen  preguntándose  as razóns da despoboación. 

 

Con relación as Deputacións, estas están cubrindo carencias dos axuntamentos, incapaces estes incluso de cobrar os seus propios impostos e taxas  municipais.

 

 

Mancomunidade, fusión de Concellos. Desaparición de Deputacións ?

 

A prestación conxunta de servizos esenciais, como recollida e tratamento do lixo, abastecemento de auga, saneamento, servizos sociais, transporte, planificación urbana... son imprescindibles para dar bo servizo a cidadanía, podía garantizar unha xestión sostible e eficiente con notable aforro económico que permitiría sobrevir a concellos  pequenos e medianos. Esta prestación conxunta sería o primeiro paso cara a unha posterior e necesaria  fusión ( voluntaria ou obrigatoria). 

 

Lembremos aquí que o plan que puxo en marcha a Xunta de Galicia co Presidente Feijoo para fusionar municipios non tivo o “éxito esperado” , máis ben  foi un autentico fracaso – un só caso de fusión na Galiza  é foi no 2012-  polo que necesita empezar de novo.  Tampouco serviu a Lei 7/1985 reguladora das Bases de Réxime Local que se refería a posibilidade de que o Estado atendendo a criterios xeográficos, sociais, culturais ou económicos puidera establecer medidas tendentes a fusión  de municipios, como tampouco serviu a Lei 27/2013 de racionalización e sostenibilidade da Administración Local co “convenio de fusión”.

 

Con relación as Deputacións, estas están cubrindo carencias dos axuntamentos, incapaces estes incluso de cobrar os seus propios impostos e taxas  municipais. Recentemente o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña durante  16 anos e na actualidade, Valentín G. Formoso recoñecía estes días que as as Deputacións son “perfectamente suprimibles” e considera que ate hoxe existiu un “debate superficial en canto a desaparición das deputacións” e di “ Creo que la Xunta puede hacerlo si hay un compromiso serio de hacerlo, las competencias son perfectamente asumibles por Presidencia”. Será unha opción persoal ou de partido?

 

En definitiva os Concellos non parecen estar a altura do que se lle pide pola cidadanía  no século XXI, e as Deputacións  seguramente son “suprimibles” si funcionan ben os concellos. Moitos pregúntanse  si terá algo que ver a boa ou mala xestión municipal coa formación (ou a veces falta de formación) de alcaldes ou con presións e intereses privados. Na actualidade só podemos certificar que os Concellos  non cumpren moitas das súas obrigas, e  despréndense rápido e “legalmente” de servizos básicos obrigatorios como abastecemento, alcantarillado, residuos...  buscando unha inxección económica co canon concesional que aportan as empresas por 25 ou 30 anos de concesión, prexudicandonos a todos. Quen non coñece que o 55% da xestión da auga no Estado está en maos de empresas privadas?

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE TUS DATOS


Responsable: S.E.I. EDETRONIK. S.A

Finalidad: Envío de información solicitada, gestión de suscripción a la web y moderación de los comentarios.

Datos tratados: Comentarios: Datos identificativos (en el caso que te registres en la web) y comentarios.

Legitimación: Consentimiento del interesado.

Destinatarios: Utilizamos MDirector como plataforma profesional de envío de mails. Nos permite ofrecerte un servicio libre de SPAM y con total confidencialidad. Ellos únicamente almacenarán tu correo para poder realizar el envío.

Derechos: Puedes acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos que detallamos en el siguiente link

Información adicional En este link dispones de información adicional y detallada sobre la protección de datos personales que aplicamos en nuestra web.

CERRAR