Publicado el 10 de febrero a las 10:11
A Organización das Nacións Unidas, ONU, afirma que “ a auga, os alimentos e a enerxía forman un nexo no corazón do desenvolvemento sostible”. Ademais a demanda de auga, alimentos e enerxía está aumentando moito tanto polo incremento de poboación como pola rápida urbanización, os cambios na dieta e o crecemento económico. En xeral a agricultura é o maior consumidor de recursos de auga doce, o 72% de todas as extraccións de auga son utilizadas na agricultura pero ao mesmo tempo o 16% da auga utilizase nos municipios para os fogares e servizos e outro 12% empregase nas industrias.
A auga e as fugas na rede municipal
A OCDE – Organización de Cooperación y el Desarrrollo Económico- realizou un Informe no 2016 sobre “Gobernabilidad del auga en las ciudades ” para analizar e comprobar o desperdicio de auga. Chegan a conclusión que en Nápoles e en Glasgow desperdician o 37% da auga, en Roma 26%, en Estocolmo 19%, en Lisboa baixa ao 9% e en Amsterdam o 4%. A vista das cifras podemos deducir que unha boa xestión da auga é posible e pode realizarse como sucede en Amsterdam ou Lisboa e desta maneira evitariamos despilfarros, fugas e perdas inuteis. A auga é un ben escaso, e a boa xestión acompañase de aforro enerxético e económico o que significaría que pagariamos menos os consumidores . O desenvolvemento sostible implica necesariamente i en primeiro lugar aforro enerxético, de auga e materias primas, económico...
O Informe citado evidencia que o aproveitamento da auga está máis optimizada en aquelas cidades nas que a xestión está repartida entre varios axentes públicos e privados . En España na cidades e vilas polo menos a metade dos abastecementos están xestionados por empresas privadas e a privatización vai aumentando ano a ano. Algunhas autonomías teñen case o 100% dos servizo da auga privatizados , cando a xestión pública está demostrado que pode ser máis eficaz e barata.
As empresas que xestionan o abastecemento de auga contabilizan a auga que inxectan a rede e o consumo dela, dándose valores moi diferentes nestes dous apartados. Existen a) perdas aparentes que se corresponden con fraudes e errores de medición ou consumos que non pasan polo contador, mentres que tamén temos b) as perdas reais que se corresponden con fugas, roturas e avirías na rede de subministro que fan que se perda auga polo camiño e non chegue aos puntos de consumo. Ambas perdas aparentes e reais, sumadas corresponde coa auga non rexistrada ou non contabilizada para cobro.
Os últimos datos do INE (INEbase) publicados en xullo do 2022 correspondentes a media do Estado no ano 2020, dan unha porcentaxe do 15,4% de perdas reais sobre o volume de auga subministrada a rede de abastecemento público e un 9,75% de perdas aparentes. En conxunto a nada desprezable cifra de 25,15% de perdas de auga na rede muncipal , é dicir un de cada catro litros pérdese polo camiño e non se rexistra, pero como o servizo autofinanciase encarece a auga que consumimos. Si nos fixamos nos datos en volume da auga subministrada a rede do Estado – 4.243 hectómetros cúbicos (hm3), a auga medida por contadores foi de 3.178 hm3, mentres que a auga non rexistrada alcanzou a 1.065 hm3 (perdas reais, fugas e avirías 651,8 hm3, perdas aparentes 413,9 hm3) situación moi similar a anos anteriores.
Si analizamos unicamente as perdas reais de auga , temos unha media no Estado do 15,4%, pero dáse unha gran variabilidade segundo as autonomías, quedando por encima da media con maiores fugas ou avirías: Galicia 16,2 %; Baleares 18%; Navarra 18,5%; Asturias 19,1%; Cantabria 20,4% Aragón 21,1%; Castilla-La Mancha 21,4%; La Rioja 21,5%; Estremadura 22%; Canarias 24,4%; Ceuta e Melilla 25%. Polo contrario outras comunidades non citadas están por baixo da media ou moi por baixo como Madrid que tan só ten unhas perdas reais do 4%.
Ano tras ano a situación parece modificarse pouco, no futuro esperamos que a situación cambie, a Unión Europea aprobou unha normativa que obrigará a presentar aos Estados os datos da auga que se perde na rede de distribución para logo obrigar a controlar e reducir estas perdas, pero ate o 2026 non entrará en vigor.
Si se factura a auga non rexistrada que alcanza a 64.988 miles de m3 podíanse obter máis de 30 millóns de euros máis.
As fugas no abastecemento de auga na Galiza.
Con datos do INE referidos a 2020 Galiza ten un consumo de auga de 130 litros/habitante/día, está por debaixo da media do Estado que son 133 litros/habitante/dia, e o importe facturado pola auga subministrada foi de 123,2 millóns de euros, pero si se factura a auga non rexistrada que alcanza a 64.988 miles de m3 ( perdas reais 39.235 miles m3 e aparentes 25.753 ) podíanse obter máis de 30 millóns de euros máis.
Galiza conta cunha rede de abastecemento de 16.412 km que ten fugas e perdas abundantes, o Ente público Augas de Galicia en setembro do 2022 daba a coñecer que asiste a 80 municipios para eliminar fugas hídricas na súas redes e a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade explicaba que as redes de abastecemento municipal teñen fugas moi importantes as auditorías reflicten en media un 41% de perdas, que chegan a máis do 60% nos municipios pequenos con menos de 2.000 habitantes -119 municipios nestas circunstancias na Galiza- . Estes altos valores de despilfarro superan con moito as estadísticas do INE, o que posiblemente pase noutras moitas autonomías xa que os datos oficiais non sempre coinciden con datos reais.
Para intentar frear esta situación insostible no ano 2009, a Xunta aprobou a Lei de Garantía de Subministro que previa que durante tres anos os concellos realizaran auditorías nas súas redes e se dotaran de Plans de emerxencia ante a seca. O obxectivo é que as fugas se sitúen por debaixo do 20%, pero todo indica que non se están cumprindo nin prazos nin obxectivos.
Para finalizar podemos resumir constatando que se da en xeral un importante despilfarro da auga nas redes de abastecemento de auga por fugas e perdas sen control. Si sempre foi importante xestionar ben a auga, optimizar os recursos e atallar as perdas – reais ou aparentes- da auga, agora faise imprescindible por diversos motivos: Secas importantes non só na España seca senón tamén na húmida, maior frecuencia e intensidade de secas imprevistas que levan a problemas de abastecemento, un cambio climático que favorece grandes incendios e trae dependendo das zonas diminución de choiva ou exceso imprevisto, cando non reparto desigual...
De novo buscamos unha xestión pública da auga e uns Concellos preocupados polo un ciclo da auga sostible, sabendo que neste tema hoxe temos unha innecesaria e cuantiosa carga económica e medioambiental que estamos pagando todos .